Archivo del sitio
Unha «Semana Santa» das de sempre
E, o 𝕏𝕆𝕍𝔼𝕊 𝕊𝔸ℕ𝕋𝕆, ás cinco da tarde, reunímonos no Templo có novo párroco para lembrar aquela derradeira Cea que fixo Xesús cós seus amigos… Volvemos tocar as campás mentres cantabamos o Gloria…Volvemos facer «Lavatorio de pes«… volvemos gardar o Santísimo no Altar da Reserva… volvemos deixar as nosas veliñas queimar xunta o Sagrario do Monumento… volvemos pregar uns instantes como o fixeran aqueles apóstoles…
Volvemos facer Parroquia!!
E, o 𝕍𝔼ℕℝ𝔼𝕊 𝕊𝔸ℕ𝕋𝕆, volvemos facer Viacrucis pola mañanciña…. e volvemos quedar para lembrar a morte de Xesús por nós, tendo presente que 𝙉𝙤𝙣 é 𝙪𝙣 𝙙í𝙖 𝙩𝙧𝙞𝙨𝙩𝙚, 𝙨𝙚𝙣𝙤𝙣 𝙪𝙣 𝙙í𝙖 𝙙𝙚 𝙚𝙨𝙥𝙚𝙧𝙖 𝙘𝙤𝙣𝙛𝙞𝙖𝙙𝙖!!
Volvemos facer Parroquia!!
E, por fín, chegou o intre màis agardado: a 𝕍𝕀𝕏𝕀𝕃𝕀𝔸 ℙ𝔸𝕊ℂ𝕌𝔸𝕃, e volvemos facer a fogueira da que se colleu o lume para prender o Cirio Pascual, volvemos cantar o Pregón Pascual, leemos as lecturas da Palabra, cantámo-lo Gloria, mentres soaban as campás, e mái-lo Aleluia, renovámo-las Promesas do Bautismo, comulgamos, volvemos coller a auga bendita e, volvemos rematar comendo Rosca, festexando este día que é o máis importante na nosa Fe, porque Xesús resucitou…
Volvemos facer Parroquia!!
Felices Pascuas!! 

Un «Ramos» dos de sempre
E… ó terceiro ano, «a Semana Santa resucitou»💥
E, con toda a ilusión do mundo, xa fora por ter novo párroco ou por poder facer Procesións, reunímonos no adro parroquial, uns setenta, nenos e maiores, cos nosos ramos e palmas para lembrar aquela entrada humilde que tivo Xesús en Xerusalén e para recibir, así, a Bendición dos ramos, que son símbolo do Triunfo pascual de Xesús…💥🗿
Despois de escoitar atentamente a Lectura da Pasión e participar da Comunión, lembramos costumes pasadas, remallando os ramos e sacando «a foto de Ramos»…🌿🌿
Comezamos desta maneira a Semana Santa: as datas máis importantes na nosa Fe, porque rematan coa celebración da Pascua, coa Resurrección de Xesús!!