Archivo del sitio
Bo Nadal
Como cada Nadal, desde San Xurxo, felicitamos a tódo-los “Mogoreños”que estades por outros pobos e países… lembrándoos nestas datas ¡¡Porque non vos esquecemos!!
A todos os que andades por Perú, Argentina, México, Inglaterra, Gran Sol, Asturias, Mallorca, Alicante, Castellón, Villagarcía, Pontevedra, Marín, Seixo, Cela, Bueu, Placeres, Santiago, Mourentáns, Portas, Moaña, Cangas, Poio, Vigo, Mosteiro, As Neves, Ourense, Huelva, Cádiz, Fuerteventura, Coruña, Madrid, Córdoba, País Vasco… e outros tantos que non sabemos… pero tamén ós que nos seguides, xa que sodes Mogoreños de corazón:
¡¡¡Que o Deus feito Neno nos faga sentir “lo mogor de lo Mogor”!!!
Con esta imaxe do Neno que bicamos todos os anos na nosa Parroquia, enviamos ao mundo enteiro os nosos desexos de Paz e de un Amor grande, xeneroso e inimaxinable que nos axude nas dificultades cotiáns. ¡Bo Nadal para todos!
Os Reis sempre deixan algo
…e os Reis 👑👑👑 sempre deixan algo, sí: o primeiro agasallo que pedimos está cumprido:👏👏 don Antonio «apareceu de sorpresa» na Misa de Reis en Seixo, a cal concelebrou xunto con Don Manuel, incluso entoando os cantos… un chute de ánimo que lle ven estupendamente para acelerar a sua curación!!💪💪
….o segundo agasallo tamén o deixaron, agradecéronlle o traballo desinteresado de José, o noso sacristán: 💞🎁
…e o terceiro agasallo: ese permiso para que un novo curiña nos celebre as Misas e nos atenda espiritualmente 🤗, agardámolo en breve, por estas «cousas da paquetería» nestas datas de tanto trafego!! 📨
Na Noiteboa e no Nadal
Como cada Nadal, desde Sanxurxo, felicitamos a tódo-los “Mogoreños”que estades por outros pobos e países… lembrándoos nestas datas ¡¡Porque non vos esquecemos!!
A todos os que andades por Perú, Argentina, México, Inglaterra, Gran Sol, Asturias, Mallorca, Alicante, Castellón, Villagarcía, Pontevedra, Marín, Seixo, Cela, Bueu, Placeres, Santiago, Mourentáns, Portas, Moaña, Cangas, Poio, Vigo, Mosteiro, Urdilde, As Neves, Ourense, Huelva, Cádiz, Fuerteventura, Coruña, Madrid, Córdoba, País Vasco… e outros tantos que non sabemos… pero tamén ós que nos seguides, xa que sodes Mogoreños de corazón:
¡¡¡Que o Deus feito Neno nos faga sentir “lo mogor de lo Mogor”!!!
Con esta imaxe do Neno que bicamos todos os anos na nosa Parroquia, enviamos ao mundo enteiro os nosos desexos de Paz e de un Amor grande, xeneroso e inimaxinable que nos axude nas dificultades cotiáns. ¡Bo Nadal para todos!
Mantendo o Belén
E, a pesares de non ter párroco aínda, «é cousa de Fe cristiana comunicar o Nacemento de Xesús» (D. Calixto, vicario) e así, seguimos mantendo a tradición de 𝗠𝗼𝗻𝘁𝗮𝗿 𝗼 𝗕𝗲𝗹é𝗻 na Parroquia:
A tarde do día 22 reunímonos para facer o noso Belén pequeniño e para darlle un lugar preferente ó noso Neno Xesús: Graciñas ós que axudan nestas cousiñas!! 💞
Que o espíritu do Nadal non nos colla despistados para recibir ó Neno!! 






Agradecidos ós Reis!!
Queridos Reis Magos: 👑👑👑
Hoxe, non queremos pedir senón agradecer: 🤲
Graciñas porque, aínda que xa somos adultos, seguimos creendo en Vos: porque, esa ilusión coa que nos espertamos a mañán do día 6 de Xaneiro, segue en nós, máis que a do día do noso aniversario…
Graciñas porque sodes xeniais: porque conseguides que, moit@s de nós, vexamos cumpridos os nosos desexos, sacando ás veces de onde non hai para que haia…
Graciñas por eses agasallos que nos traedes tamén ó longo do ano: por todos os intres felices vividos… por ter unha familia e uns amig@s c@s que compartilos… polo que nos fai tremendamente ricos e que non se pode comprar cos cartos… por ter unha Parroquia onde ir para facer Comunidade… e, sobretodo, por ter Saúde neste ano tan difícil….
En definitiva: Graciñas por deixar algo sempre nas nosas casas e na nosa Parroquia!! 🤲🤲
Bo día de Reis: As mans quentiñas e a covisa cumprida!! 🤲