E…chegamos ó derradeiro día das Festas Patronais, con foguetes, có Pasacalles das rapazas Chaneiras e coa Procesión antes da Misa, coma se facía antiguamente… Levamos ás imaxes ata a esquina do adro mentres as campás soaban a ritmo de xota, e alí, Don Manuel, fixo a Bendición dos campos, as viñas e o mar e o Coro cantou «a do Viñador» antes de entrar no Templo para participar da Eucaristía e rematar, botándolle uns bailes coa música das Chaneiriñas…
E…coma sempre, agradecer a tódo-los que se achegaron ata as Celebracións, axudaron a levar os santos, tocaron as campás, cantaron, leeron, aportaron cartos…. e, como non: a Xenete e Jaime por levar ós Grupos de Pasacalles; a Sergita, por poñerlles eses aperitivos tan bós; a Manola por adornar tan ben o Templo; a Ferradás e Jose por tocar as campás; a José por ter as cousiñas listas a tempo sempre; á Charanga Noroeste e ós Chaneiros por virnos animar estes días…. pero sobretodo a Don Manuel, por virnos celebrar os tres días das Festas 🤲
Eu, deixo as fotos para o recordo 😍
Moitos recordos nos viñeron á cabeza durante estas datas….moitos faltaron… pero: non deixemos de celebrar, non deixemos de facer Parroquia!!
E,neste segundo día das Festas patronais, Xenete levou ós «Os Chaneiros» de Pasarúas por algunhas zonas da Parroquia e, volvemos reunirnos para a Misa da 1, cantada polo grupiño do Coro, e que se prolongou no tempo porque todos coñecemos a don Manuel cando se enrolla… pero que, volvo insistir, lle temos que agradecer que viñera facérno-la os 3 días… Graciñas ós voluntarios que portaron as imaxes e a que a chuva aguantou, pudemos facer a Procesión, acompañada tamén polo repenico de campás, os foguetes e o Concerto que nos fixo o Grupo tradicional para rematá-la mañán de festa…
Fíxosenos raro mirar só UN sacerdote oficiando a misa do Patrón, acostumados a que houbera todo un colorido no presbiterio, pero é de agradecer, e moito, que don Manuel viñera celebrar os 3 días das Festas do Patrón!!
Xa sabemos que: «por san Xurxo, ou chuva ou vento» e…estábase cumprindo o dito!….O tempo acompañou e Xenete pudo botar uns foguetes e levar de pasaruas á Charanga Noroeste e, trá-la Misa, cantada polo grupiño do Coro, pudemos sair en Procesión polo adro, que, aínda que un pouco mal organizadas as filas que tan ben sabiamos facer antes de pandemia, houbo o mesmo respeto e fervor… mentres soaban as campás… e o rosquilleiro agardaba para vendernos esas rosquiñas que tan ben nos saben…
E, para finalizá-la mañán, a «Charanga Noroeste» animóunos coas suas pezas ós que quedaron a botarlle uns bailes…
E sí pudemos asistir, un ano máis, á Romería das Setespadas, con Normas anti Covid, pero asistir… O domingo amaneceu nubrado pero non choveu e, o adro encheuse cós fieis, igual que en Santa Ana, cun sol acorde ó día… Don Antonio e Don Manuel concelebraron as Misas e faltáronnos os foguetes e a música que anunciaran as Festas… O ano pasado pedíamos poder reunirnos e… cumpreuse: este ano volvemos decir: «De hoxe nun ano»
Aínda temos na memoria que, fai 2 anos, tamén choveu… Daquela safamos meténdonos moi peghadiños dentro da Capela… pero, se cadra, este ano deberemos quedar fora e usar paraugas pola cousa da responsabilidade ante a Covi
Este domingo celebramos a Festa do Corpus Christi na nosa Parroquia!!
E, a pesares de non poder saír en Procesión có Santísimo, este ano sí que se fixeron alfombras para que pasara por elas o Santísimo, mentres cada un o reverenciabamos dende onde estabamos, dentro do Templo… arranxándose, como nunca se fixera, todo él…
Agradecer a Manola por poñer tan bonito o Altar, ó Coro por facer o esforzo de ensaiar e cantar na Misa, a Jorge por levar a Cruz, a Don Antonio e Don Manuel por facer esta Celebración tan especial e a tódo-los fieis que se achegaron para participar desta Festa do Santísimo Sacramento…
Pero máis que nada, agradecer ós alfombristas o seu traballo e ós que prepararon e doaron materiais para poder face-las alfombras!!
A ver si para o ano podemos xuntarnos para procesionar xuntos có Santísimo!!
Dous anos despóis de celebrar o Patrón, voltamos reunirnos no Templo para celebrar, de forma distinta, esta Festa… O Coro preparou as cancións bonitas; Don Antonio e Don Manuel concelebraron a Misa, emocionáronse en certos intres e fixeron a Bendición dos campos e o mar; colocóuse a Cruz Parroquial no presbiterio e as imaxes debaixo do noso San Xurxo; estreamos gardacorporal e cubrecáliz encarnados e, Manola, adornou o Templo aproveitando as floriñas que nos deixou a familia de Luci polo seu pasamento…
Como é habitual, choveu pero, dou igual porque non habería Procesión nin «sesión vermú»: eso sí, houbo charla e rosquillas á saída, a lo menos!!
Os tempos van mudando… as circunstancias non son as mesmas… as persoas vannos faltando… «Ajolá» en pouco tempo podamos ter recordos mellores destas datas: Doxe nun ano, veciños!!
Día de San Xurxo
Día da Santísima Virxe das Angustias
Día de San Marcos
Don Antonio, agradecendo ó Coro o su esforzo para ensaiar e cantar…nestas circunstancias!!