Archivo del sitio
Xa temos párroco
𝘕𝘦𝘴𝘵𝘦 𝘋𝘰𝘮𝘪𝘯𝘨𝘰 «𝘓𝘢𝘦𝘵𝘢𝘳𝘦», 𝘯𝘦𝘴𝘵𝘦 𝘥𝘰𝘮𝘪𝘯𝘨𝘰 𝘥𝘦 𝘓𝘦𝘥𝘪𝘤𝘪𝘢, 𝘳𝘦𝘤𝘪𝘣𝘪𝘮𝘰𝘴 ó 𝘯𝘰𝘷𝘰 𝘱á𝘳𝘳𝘰𝘤𝘰 𝘥𝘦 𝘚𝘢𝘯 𝘟𝘶𝘳𝘹𝘰:
«Es un gusto anunciaros que ya soy Párroco de San Xurxo…. Si estoy aquí, es por vuestro empeño… Gracias por seguir manteniendo la Parroquia a pesar de todo el tiempo que estuvisteis solos… disculpadme en nombre de todos los sacerdotes…»
Graciñas, 𝔻𝕒𝕧𝕚𝕕!!
Os tempos de Deus levaron o seu ritmo, pero chegaron!!
As solucións chegan para quenes saben agardar!! 
E graciñas ó𝕤 𝕗𝕚𝕖𝕚𝕤,
tanto ós daquí coma os de outros lares, que seguistes acudindo á Parroquia!!
Por algo se di que sómo-la «mogor parroquia»
….dende Octubre sen curiña e… ninguén vos oíu queixarvos… Ahí estivestes 💪: cada Domingo e cada Festa e o cando fixo falta!! Sempre animando, apoiando, participando e sustentando… para seguir facendo Parroquia 💒💯
Sacerdotes para sempre
𝔻𝕠𝕟 𝔸𝕟𝕥𝕠𝕟𝕚𝕠 𝕖 𝔻𝕠𝕟𝕛𝕠 fixeron 
anos de sacerdocio:
Graciñas polo voso «Sí a Deus»!! 
«𝘚𝘦𝘳 𝘴𝘢𝘤𝘦𝘳𝘥𝘰𝘵𝘦, é 𝘷𝘪𝘷𝘪𝘳 𝘱𝘢𝘳𝘢 𝘊𝘳𝘪𝘴𝘵𝘰, 𝘦 𝘢 𝘵𝘳𝘢𝘷é𝘴 𝘥𝘦𝘭, 𝘷𝘪𝘷𝘪𝘳 𝘱𝘢𝘳𝘢 𝘰𝘴 𝘩𝘰𝘮𝘦𝘴 𝘢 𝘲𝘶𝘦𝘯𝘦𝘴 É𝘭 𝘣𝘶𝘴𝘤𝘢, 𝘢 𝘲𝘶𝘦𝘯𝘦𝘴 É𝘭 𝘲𝘶𝘦𝘳𝘦 𝘤𝘰𝘯𝘥𝘶𝘤𝘪𝘳 𝘱𝘰𝘭𝘰 𝘤𝘢𝘮𝘪ñ𝘰 𝘥𝘢 𝘷𝘪𝘥𝘢»(Don Xulián)
E…hoxe, Don Antonio tamén CESA COMO PÁRROCO de Seixo e Mogor 😢… anque, un sacerdote nunca deixa de selo 💪
Os sacerdotes parécense tanto a nos… e, á vez, son tan diferentes…
Teñen algo de sagrado: un Cristo metido nas suas almas, que nos ve a través deles e nos bendice e nos perdoa…
Cargan cos seus problemas e cós nosos…
É xusto que también leven, nas suas almas, as nosas oracións e o noso afecto 
Preguemos por eles
💯
Dende a Parroquia, mandámoslles «𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗮𝗽𝗲𝗿𝘁𝗶ñ𝗮»
𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗹𝗲𝘃𝗮𝗻𝘁𝗮𝗿𝗹𝗹𝗲𝘀 𝗼 á𝗻𝗶𝗺o 💝
Manter a Parroquia
Moitos chegabamos ó Templo os sábados ou os domingos para oir Misa, ás veces con retraso porque a Catequese duraba un pouquiño máis, e participabamos da Eucaristía, cantabamos o que podiamos, botabamos a axudiña nos petos, e, si podiamos, comulgabamos… Así, cada vez que acudiamos á igrexa
«É chegar e embarcar», como se acostuma a dicir…
Non mirabamos mais alá…como moito que hubera flores e foran bonitas, que había uns que cantaban, outros que ían ler as Lecturas e outros que pasaban o peto… pero levar e manter unha Parroquia leva moitas mais cousas…
O que leva a supervisión e ten a última palabra en todo o que se debe facer é o párroco, sen dúbida, aínda que moitos fieis pretenderan vir mangoneando horarios e costumes como si foramos da Galicia profunda, que se leva tanto dicir…
«Non nos damos conta ata que falta quen o faga»
No caso da nosa, manter unha Parroquia é:
>Organizar as Celebracións según a asistencia da maioría, anotar as Misas que encarguen, facer certificados cando os veñan pedir, anotar a vida parroquial nos Libros ó efecto, programar Catequese, conseguir catequistas e formálos para esa tarea; ir visitar ós doentes que o pidan, programar as Festas patronais para conseguir máis curas nas Misas ou xente que leve as andas ou o Palio no Corpus, que haia alfombras florais e, incluso foguetes para as Procesións…
>Preparar cos fieis os Sacramentos e acordar a mellor data para facelos…
>Buscar solucións a problemas que ten algunha xente, facer excursións ou comidas, dar limosnas, dar agasallos ou cousas que nos fagan estar agradecidos…
>Procurar manter a guía e saúde espiritual dos fieis en moi bo estado…
>Preparar a Homilía de cada Celebración…
>Dar a coñecer a vida parroquial por medios tecnolóxicos para propagar as nosas vivencias e a nosa Fe, procurando ter o Blog ó día para información inmediata de calquera…
>Mirar de non quedar sen partículas, sen velóns, sen incienso, sen parafina… encargar todo con tempo para non quedar sen eles…
>Facer un Horario dos Avisos semanais e poñélo á vista…
>Ir buscar e levar ó sacerdote cando non ten coche para vir ata a Parroquia…
>Botar limosna no peto para axuda do mantemento das cousas da Parroquia
>Ter o Templo adornado con flores según a época litúrxica, manténdoas sempre en bó estado e regá-las plantas que hai…
>Manter o Mantel do altar limpo e pranchado, os corporais e demáis panos, as albas, as casullas e cambiar o purificador de cada vez…
>Abrí-lo Templo cada día que haia Celebración, mínimo unha hora antes, e botar un vistazo de que non hai ningunha avería ou que roubaron algo ou que non entrara auga dentro… Que haia luz e funcione o amplificador e os micros, as bombillas…
>Mirar que o velón do Sagrario non vaia quedar consumido… ver que non quedara ningunha cousa sen recoller, ir tocá-la Campá media hora antes da Celebración e, logo, 5 min. antes dela…
>Preparar as cousas para a Misa: o Libro das lecturas do día, o das Preces, o Misal, o cáliz có purificador e partícula para o sacerdote, que haia viño e auga nas vinaxeiras, que haia hidroxel pa limpar as mans, que haia partículas consagradas para todos, e se non, colocálas nun Copón para que o sacerdote as consagre… que as velas teñan líquido para estar prendidas, que estean os Avisos semanais no altar, que as cores dos ornamentos sexan os correspondentes á celebración…
>Prender as velas e as luces no intre do comezo da Celebración…
>Buscar xente que lea as Lecturas e as Preces ou as monicións nos días máis importantes…
>Ter a bendición para presidir a Celebración da Palabra no caso de que falte o sacerdote, e todo o tempo que conleva a sua preparación…
>Buscar e ensaiar os Cantos para cada Celebración…
>Tocar a Campá cando hai difunto e preparar o incensario, a auga bendita e o lugar para o féretro …
>Ter os recibos da Luz e da auga ó día, contar os cartos do Peto e leválos ó Banco… ou mandar os das Colectas especias ós organismos correspondentes…
>Desinfectar todos os bancos e tóda-las cousas que se tocaron, sobretodo o cuarto do baño, despóis de cada Celebración, procurando que non falte material de limpeza e desinfección nin xabón, papel e toalla limpa…
>Procurar que haia xel hidroalcohólico e mascarillas, panos e caramelos na entrada e que o Peto esté á vista da xente… e manter ventilado o Templo…
>Fregá-lo chan do Templo cando se precisa e si non, como moito, cada 15 días… o pó, as telarañas, os cristais, as imaxes… e procurar ter limpo o adro de porcalladas que van deixando…
>Vixiar que non haia polilla, humidade ou ratos no Templo e vaciar a basura…
>Procurar que o lampadario funcione e recoller eses cartos para a compra dos velóns e outras velas…
>Levar conta da cantidade de Tapóns solidarios para cando haia algo así como 14/15 sacos, chamar ós da F.A.G. para que veñan recollelos, acordando a hora para terlles a porta aberta e recoller as bolsas que vai deixando a xente na porta cando está pechado…
>Ver que haia xentiña para colocar a Inmaculada en Maio, San Xurxo, as Angustias e San Marcos no Patrón, o Monumento e a Cruz na Semana Santa, o Pregón da Pascoa, a Coroa no Advento, o nacemento no Nadal, as Setespadas e santa Ana na palestra…
>Procurar que non aparquen pegados á porta da Sacristía e que deixen ese sitio para o sacerdote que veña oficiar…
>Animar e fomentar que se faga unha limpeza máis profunda da Sacristía, dos dorados, dos teitos e do adro, da Capela… en fin, arranxar cousiñas que van envellecendo…
>Que haia bombona chea na estufa, líquido nos ambientadores e pilas no reloxo, calendario litúrxico e axenda…
>Ó rematar as celebracions, deixar todo recollido e pechado, o limitador baixado, revisando que os grifos ou a cisterna non perdan e o velón do Sagrario quede prendido…
…..e tantas cousas máis que, de seguro, esquecen…
Para facer parroquia, o párroco precisa do resto dos fieis así coma nós precisamos da sua guía…
Qué sería do Templo e da Parroquia se os que axudan non o fixeran???
A próxima vez que vaiades ó Templo, pensade que hai moito detrás do que se ve, pero sobretodo, buscade a maneira de colaborar para que todo o preciso se faga de forma máis doada!!
(Ver artígo relacionado en https://sanjorgedemogor.wordpress.com/2021/11/16/gastos-y-arreglillos/)
Agradecidos ós Reis!!
Queridos Reis Magos: 👑👑👑
Hoxe, non queremos pedir senón agradecer: 🤲
Graciñas porque, aínda que xa somos adultos, seguimos creendo en Vos: porque, esa ilusión coa que nos espertamos a mañán do día 6 de Xaneiro, segue en nós, máis que a do día do noso aniversario…
Graciñas porque sodes xeniais: porque conseguides que, moit@s de nós, vexamos cumpridos os nosos desexos, sacando ás veces de onde non hai para que haia…
Graciñas por eses agasallos que nos traedes tamén ó longo do ano: por todos os intres felices vividos… por ter unha familia e uns amig@s c@s que compartilos… polo que nos fai tremendamente ricos e que non se pode comprar cos cartos… por ter unha Parroquia onde ir para facer Comunidade… e, sobretodo, por ter Saúde neste ano tan difícil….
En definitiva: Graciñas por deixar algo sempre nas nosas casas e na nosa Parroquia!! 🤲🤲
Bo día de Reis: As mans quentiñas e a covisa cumprida!! 🤲
Non vos esquecemos
E, con todo, xa pasou un ano dende que vos fostes…
A pesares de que Don Antonio adatouse a nós e tratounos como se estivese toda a vida na Parroquia, non esquecimos todo o Ben que fixestes aquí…
Sabemos que tivestes momentos duros: pola marcha, pola Covid e polas vosas doencias, que, aínda que, Maruja: deixaches de lado as túas dores e agradeceches o estar cós teus irmáns para coidar do noso Donjo… porque estivo moi, moi maliño do seu pé… agora, Gracias a Deus, podedes celebrar xuntos que cumpreu un ano máis e que ten as forzas para, «en canto poida», voltades darnos unha visitiña…
Non se nos dará pasado o tempo ata que vos vexamos aquí!!
Parabéns Donjo!! Mandámosche un aloumiño polo teu 86º pa que te animes e que sepas que non vos esquecemos:
Bo día do Párroco!!
Bo día do Párroco!!💒💯
Hoxe, temos a Don Antonio, pero non esquecemos a Donjo nin a Don Manuel, que tanto nos axuda: Unha pregaria sinceira por eles🤲🤲
( Lembrando en: //sanjorgedemogor.wordpress.com/2019/10/27/d-antonio-en-la-mogor-parroquia/ )
A normalidade das Setespadas
E, como xa avisaramos, a Romería das Setespadas fíxose respectando as Normas Covid pero coa Fe de sempre: sen Procesións pero cós fieis agradecidos, cos reencontros de sempre pero con mascarilla…. E, por enriba de todo, coa esperanza posta no ano que ven: Que a Virxe e Santa Ana nos concedan o que lles pedimos con Fe!!
Graciñas a Carmen, a morena, e á sua familia, por ter tan ben arranchadiña a Capela para estes días; a José, o parallé, por ter as cousiñas listas para celebrar a Misa e chamarnos a ela tocando esa campana; a Xenete, por traernos a música dos Noroeste para facer algo de Festa; a Don Antonio e don Manuel por facernos a misiña e… a tódo-los fieis que vos achegastes para participar da Romería e que o celebrastes na casa coa mesma ilusión de sempre🤲🤲
Como nos dixeron na última foto: De hoxe nun ano!!
(Fotos de Jose y Ana V.)