Archivo del Autor: Administradores

Benvidos á Igrexa

«Viví-lo Evanxeo conleva a tarefa de comunicalo» (Don Julián Barrio)

Aquí veu Xesús… e foise: veu, marcounos a nosa tarefa e agárdanos na meta…. deixounos unhas  ferramentas…. para cumplí-la nosa Misión na Terra…. e atraer a cantos poidamos:                      Benvidos ou re-benvidos sexan tod@s!!

Un orgullo ter novas incorporacións á vida da nosa Igrexa: ░J░o░r░g░e░, 👶 como novo membro,                                              e ░X░a░v░i░ e ░A░n░x░o░ 👦🏻 👦🏻 como adultos cristiáns!! 👏👏

𝑄𝑢𝑒 𝑜 𝐸𝑠𝑝í𝑟𝑖𝑡𝑢 𝑡𝑟𝑎𝑏𝑎𝑙𝑙𝑒 𝑜 𝑟𝑒𝑠𝑡𝑜!! 🕊️🔝 𝑄𝑢𝑒 𝑣𝑎𝑖𝑎 𝑐𝑜𝑛 𝑒𝑙𝑒𝑠 𝑠𝑒𝑚𝑝𝑟𝑒 𝑝𝑎𝑟𝑎 𝑑𝑒𝑓𝑒𝑛𝑑𝑒𝑙𝑜𝑠!! 🤲 𝐴𝑙𝑒𝑡𝑒𝑖𝑎!!

➡️ Séguenos en:  https://www.facebook.com/sanxurxo.mogor.7

Nas Festas Patronais

E as Patronais chegaron ó seu fin… 𝑴𝒊ñ𝒂 𝒏𝒂𝒊 𝒒𝒖𝒆𝒓𝒊𝒅𝒂!! 𝑸𝒖é 𝒕𝒓𝒆𝒔 𝒅í𝒂𝒔 𝒕𝒊𝒗𝒆𝒎𝒐𝒔!! ⚔️🐉🚶‍♀️🚶‍♂️🗣️🎶🍻🍷🍽️🫂🎶 Foron unhas musicais e divertidas Festas nas que pregamos, rimos, bailamos, comimos, bebimos, cantamos e, sobretodo, fomos felices!!

Toca agradecer a tódo-los que se achegaron ata as Celebracións, axudaron a levar os santos, cantaron, leeron, aportaron cartos, bailaron…. e, como non: a José por ter as cousiñas listas a tempo sempre; a Manola por arranxar tan ben o Templo; a Ferradás e Jose por tocar as campás; a Xenete por traernos á Charanga Noroeste que nos animou tanto estes tres días; a Maca e Jose por poñernos eses aperitivos que acompañaron a festa rachada… pero 𝒔𝒐𝒃𝒓𝒆𝒕𝒐𝒅𝒐 𝒂 𝑫𝒐𝒏 𝑫𝒂𝒗𝒊𝒅, 𝒑𝒐𝒓 𝒔𝒆𝒈𝒖𝒊𝒓 𝒎𝒂𝒏𝒕𝒆𝒏𝒅𝒐 𝒂 𝒕𝒓𝒂𝒅𝒊𝒄𝒊ó𝒏 𝒅𝒂𝒔 𝒏𝒐𝒔𝒂𝒔 𝑭𝒆𝒔𝒕𝒂𝒔 𝒑𝒂𝒕𝒓𝒐𝒏𝒂𝒊𝒔🤲

Moitos recordos nos viñeron á cabeza durante estas datas….moitos faltaron… pero: non deixemos de celebrar, non deixemos de facer Parroquia!! 🗣️🍻🍷🍽️🎉🍷🫂🎶

🗣️🗣️ Síguenos en ➡️ https://www.facebook.com/sanxurxo.mogor/

Na Semana Santa

Comezamos desta maneira a Semana Santa:

Cunha fermosa mañán de primaveira, reunímonos no adro parroquial, nenos e maiores, cos nosos ramos e palmas para lembrar aquela entrada humilde que tivo Xesús en Xerusalén e para recibir, así, a Bendición dos ramos, que son símbolo do Triunfo pascual de Xesús…💥

Na tardiña do Xoves Santo, unímonos cós fieis de santa Maria do Campo, no Lavatorio dos pés e na Celebración do recordo da Derradeira Cea… E deixamos ó Santísimo no Sagrario do noso Monumento, coas candeas prendidas…

Na mañán do Venres Santo, fixemos o noso Viacrucis cós fieis e, á tardiña, reunímonos de novo para pedir por moitas cousas e adorá-la Cruz onde morreu o Salvador do mundo…

Tristeiros, sí, por todos estes acontecementos que lle pasaron…..pero coa esperanza de que a cousa non rematou ahí, xuntámonos na Vixilia do Sábado para celebrar por todo o alto, que: Xesús resucitóu!!  e facendo unha única parroquia, rematamos comendo a Rosquiña de Pascua…

Qué ben poder celebrar coa Comunidade estes días e volver escoitar nenos 🧒👧 no templo!!👏👏

 

𝔾ℝ𝔸ℂ𝕀Ñ𝔸𝕊 𝗮 𝘁𝗼𝗱@𝘀 𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗰𝗼𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝘀𝘁𝗲𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗾𝘂𝗲 𝗳𝗼𝘀𝗲 𝗽𝗼𝘀𝗶𝗯𝗹𝗲 𝗲𝘀𝘁𝗮 SEMANA SANTA 𝗻𝗮 𝗻𝗼𝘀𝗮 Parroquia: comezando por D. David que nos veu celebrar o Triduo 𝗲𝗻𝘁𝗲𝗶𝗿𝗶ñ𝗼 💞… a José, por ternos o 𝘁𝗲𝗺𝗽𝗹𝗼 aberto e todo listo para cando chegamos 💒👌… ás que puxeron o 𝗽𝗵𝗼𝘁𝗼𝗰𝗮𝗹𝗹 pás fotos en Ramos 🌿… a Maca por poñer 𝗼𝗹𝗶𝘃𝗼𝘀 𝗲 𝗰𝗮𝗻𝗱𝗲𝗮𝘀 para os que se esqueceran 🤦🏻‍♂️… ós que montaron ou desmontaron o 𝗠𝗼𝗻𝘂𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 ⚪©️… ós que puxeron 𝘃𝗲𝗹𝗮𝘀 nel 🕯️🕯️… a Manola por adornalo tan 𝗯𝗼𝗻𝗶𝘁𝗶ñ𝗼 💐🔝… ós que aportaron para as flores e para as 𝗥𝗼𝘀𝗰𝗮𝘀 de Pascua 💰… ós do 𝗖𝗼𝗿𝗼 e ás do Pregón 🎶🎶… ós 𝘃𝗼𝗹𝘂𝗻𝘁𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 de ꜱᴀɴᴛᴀ ᴍᴀʀÍᴀ ᴅᴏ ᴄᴀᴍᴘᴏ 💝… ós 𝗹𝗲𝗰𝘁𝗼𝗿𝗲𝘀 📖… a Jose por tocá-las 𝗰𝗮𝗺𝗽á𝘀 no Gloria 🔔🔔… ós que sacaron 𝗳𝗼𝘁𝗼𝘀 📸 😍… e tamén ós que habitualmente 𝗮𝗽𝗮𝗿𝗰𝗮𝗻 no adro, por ser tan guiadiños 🅿️🚗… pero, ❗❗𝒔𝒊𝒏 𝒅𝒖𝒅𝒂𝒍𝒐❗❗ 𝔾ℝ𝔸ℂ𝕀Ñ𝔸𝕊 a 𝘁𝗼𝗱@𝘀 𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗮𝘀𝗶𝘀𝘁𝗶𝘀𝘁𝗲𝘀 á𝘀 𝗖𝗲𝗹𝗲𝗯𝗿𝗮𝗰𝗶ó𝗻𝘀 𝗰ó 𝗿𝗲𝘀𝗽𝗲𝘁𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝗺𝗲𝗿𝗲𝗰í𝗮 👏

Felices Pascuas!!

Ata sempre, amigo

 

ᴏɴᴛᴇ ꜰᴏɪꜱᴇ… 😥 ᴘᴏʀQᴜᴇ ᴄᴜᴍᴘʀɪᴜ ᴀ ꜱᴜᴀ ᴍɪꜱɪÓɴ ᴇ ʟʟᴇ ᴇꜱᴘᴇʀᴀʙᴀ ᴀ ʀᴇᴄᴏᴍᴘᴇɴꜱᴀ… ꜰᴏɪꜱᴇ… ᴘᴏʀQᴜᴇ ᴅᴇᴜꜱ ᴇꜱᴛᴀʙᴀ ᴀɢᴀʀᴅÁɴᴅᴏᴏ ᴅᴇɴᴅᴇ ʜᴀɪ ᴛᴇᴍᴘᴏ… ᴇ ᴀ ᴅᴇᴜꜱ ɴᴏɴ ꜱᴇ ʟʟᴇ ᴘᴏᴅᴇ ꜰᴀᴄᴇʀ ᴀɢᴀʀᴅᴀʀ!

ᴄᴏᴍᴏ ᴘᴇʀꜱᴏᴀꜱ, ᴇꜱᴛᴀᴍᴏꜱ ᴛʀɪꜱᴛᴇꜱ ᴘᴇʀᴏ ᴀ ɴᴏꜱᴀ ꜰᴇ ꜰᴀɪɴᴏꜱ ᴇɴᴛᴇɴᴅᴇʀ Qᴜᴇ ᴀ ᴍᴏʀᴛᴇ ɴᴏɴ É ᴜɴʜᴀ ᴛʀᴀxᴇᴅɪᴀ, ꜱɪɴᴏɴ ᴜɴ ᴀʟᴇɢʀᴇ “ᴄʜᴇɢᴀʀ Á ᴄᴀꜱᴀ” ᴇ ʀᴇᴄɪʙɪʀ ᴀ ʜᴇʀᴅᴀɴᴢᴀ…

Tivemos a sorte de telo como compañeiro inseparable do noso Donjo e de don Manuel, de que nos contara moitos chascarrillos e cousiñas que nos facían rir, de ternos aprendido a cantar a Misa en latín e outras tantas melodías, de telo como sacerdote acompañante de moitas Celebracións importantes na Parroquia, de telo como párroco dous anos aquí en San Xurxo… A enfermidade foi o que fixo que non puidera seguir exercendo a sua vocación, e por ser como era, anque postrado na que era a sua casiña, en Seixo, tivo a sorte de ter xentiña que o coidou ata o derradeiro día!!

Deus será a mellor compañía que poidas ter!! 👌🏻

Ata sempre amigo: só te adiantaches no camiño que queremos percorrer todos!! 

Unha lembranza e unha Oración!! 🤲🏼🤲🏼

 

Don Antonio naceu, prematuro, un 2 de Abril do 1932 en Silleda, día no que tamén o bautizaron… A sua primeira Comunión foi o 13 de Xuño do 1939… Ordeouse sacerdote o 20 de decembro do 1958, de mans do Cardenal Quiroga Palacios… Foi para a sua primeira Parroquia en Arca e Souto, na Estrada, un 23 de Xaneiro de 1959…. a san Mamed de Abalo, en Catoira, o 20 de Novembro do 1959…. a san Vicente de la Baña, o 20 de novembro do 1969…. a Nuestra Señora del Carmen de Seixo, o 29 de Xuño do 1982… Capelán da Comunidade do Sagrado Corazón de Placeres dende 1997 e, ademáis, administrador apostólico da Parroquia de San Xurxo de Mogor dende o 14 de Outubro do 2019…. ata decembro do 2021…Casi 64 anos de vida sacerdotal!!

«…ᴄÓɢᴇᴍᴇ ᴇɴ ᴛᴜꜱ ʙʀᴀᴢᴏꜱ, ᴍᴀᴅʀᴇ ᴍÍᴀ, ʏ ʟʟÉᴠᴀᴍᴇ ᴀʟ ᴄɪᴇʟᴏ… ᴍᴜÉꜱᴛʀᴀᴍᴇ ᴀ ᴊᴇꜱÚꜱ, ᴄᴏᴍᴏ ᴜɴ ɴɪÑᴏ ᴘᴇQᴜᴇÑᴏ Qᴜᴇ ꜱᴇ ᴀᴄᴜʀʀᴜᴄᴀ ᴇɴ ʙʀᴀᴢᴏꜱ ᴅᴇ ꜱᴜ ᴍᴀᴅʀᴇ… ᴀꜱÍ, ʏᴏ Qᴜɪᴇʀᴏ ᴇꜱᴛᴀʀ ʏ, ᴄᴏᴍᴏ ᴛᴀɴᴛᴀꜱ ᴠᴇᴄᴇꜱ, Qᴜɪᴇʀᴏ ᴄᴀɴᴛᴀʀᴛᴇ ᴄᴏɴ ᴛᴏᴅᴀ ᴍɪ ᴠᴏᴢ: ꜱᴀʟᴠᴇ, ᴇꜱᴛʀᴇʟʟᴀ ᴅᴇ ʟᴏꜱ ᴍᴀʀᴇꜱ! ꜱᴀʟᴠᴇ! ꜱᴀʟᴠᴇ! ꜱᴀʟᴠᴇ!»                      

(𝘥𝘰 𝘵𝘦𝘴𝘵𝘢𝘮𝘦𝘯𝘵𝘰 𝘦𝘴𝘱𝘪𝘳𝘪𝘵𝘶𝘢𝘭 𝘥𝘰 𝘴𝘢𝘤𝘦𝘳𝘥𝘰𝘵𝘦 𝘈𝘯𝘵𝘰𝘯𝘪𝘰 𝘐𝘨𝘭𝘦𝘴𝘪𝘢𝘴)

 

Velarase no Templo parroquial de Nuestra Señora del Carmen

👉a partires do LUNS dende as 17:00h ás 21:30h

🌀🌀 ás 19:00h, farase unha 𝐌𝐢𝐬𝐚 🙏 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐬𝐞𝐮 𝐞𝐭𝐞𝐫𝐧𝐨 𝐝𝐞𝐬𝐜𝐚𝐧𝐬𝐨 🌀🌀

👉 e, o MARTES, dende as 10h ás 17h

O FUNERAL polo seu eterno descanso será o Martes ás 17:00h

𝘋𝘪𝘤𝘩𝘰𝘴𝘰𝘴 𝘭𝘰𝘴 𝘲𝘶𝘦 𝘮𝘶𝘦𝘳𝘦𝘯 𝘦𝘯 𝘦𝘭 𝘚𝘦ñ𝘰𝘳, 𝘲𝘶𝘦 𝘥𝘦𝘴𝘤𝘢𝘯𝘴𝘦𝘯 𝘺𝘢 𝘥𝘦 𝘴𝘶𝘴 𝘧𝘢𝘵𝘪𝘨𝘢𝘴, 𝘱𝘶𝘦𝘴 𝘴𝘶𝘴 𝘰𝘣𝘳𝘢𝘴 𝘭𝘰𝘴 𝘢𝘤𝘰𝘮𝘱𝘢ñ𝘢𝘯 

(Ap 14, 13)

 

Más info en: 

➡️https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid0TZQrdZFDuBDrAdksVKC8Auxd5EeWtSAoeLMQds1mCbzcukQtGTsrWcgYzrGKMranl&id=100063777067481

➡️https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2023/03/06/seixo-despide-parroco-antonio-iglesias-fernandez/00031678099397744418274.htm?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbpont

➡️https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid02FqU9pXNESd8CKpuPmYegva7nrre5s8Kyq9phB9YWbw3EVLjoNjPSpag2bc5e66Q5l&id=100064036333023

Graciñas por taponear

Con tristura, anunciamos que 𝘅𝗮 𝗻𝗼𝗻 𝗿𝗲𝗰𝗼𝗹𝗹𝗲𝗿𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗺𝗮𝗶𝘀 𝘁𝗮𝗽ó𝗻𝘀 𝘀𝗼𝗹𝗶𝗱𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 😥 na Parroquia…
A 𝑓𝑎𝑙𝑡𝑎 𝑑𝑒 𝑣𝑜𝑙𝑢𝑛𝑡𝑎𝑟𝑖𝑎𝑑𝑜 𝑝𝑎𝑟𝑎 𝑙𝑖𝑚𝑝𝑎𝑟 𝑒 𝑐𝑙𝑎𝑠𝑖𝑓𝑖𝑐𝑎𝑟 𝑜𝑠 𝑡𝑎𝑝ó𝑛𝑠 𝑒𝑛𝑡𝑟𝑒𝑔𝑎𝑑𝑜𝑠… o 𝑎𝑙𝑡𝑜 𝑐𝑢𝑠𝑡𝑜 𝑑𝑒 𝑚𝑒𝑑𝑖𝑜𝑠 𝑝𝑎𝑟𝑎 𝑓𝑎𝑐𝑒𝑙𝑜 𝑒 𝑝𝑎𝑟𝑎 𝑟𝑒𝑐𝑜𝑙𝑙𝑒𝑙𝑜𝑠… e 𝑞𝑢𝑒 𝑛𝑜𝑛 𝑝𝑎𝑔𝑎𝑛 𝑝𝑜𝑟 𝑒𝑙𝑒𝑠 𝑜 𝑡𝑟𝑎𝑏𝑎𝑙𝑙𝑜 𝑞𝑢𝑒 𝑠𝑒 𝑝𝑎𝑠𝑎… fai que a F.A.G. non poida seguir con esta laboura…

𝑫𝒆𝒏𝒅𝒆 𝒇𝒊𝒏𝒂𝒊𝒔 𝒅𝒆 2012, moitos fostes os que viñestes colaborando, cada tres meses, xunto coa Fundación Amigos De Galicia (F.A.G.), nesta 𝑹𝒆𝒄𝒐𝒍𝒍𝒊𝒅𝒂 𝒅𝒆 𝑻𝒂𝒑ó𝒏𝒔 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝒂𝒙𝒖𝒅𝒂𝒓 𝒏𝒐𝒔 𝑻𝒓𝒂𝒕𝒂𝒎𝒊𝒆𝒏𝒕𝒐𝒔 𝒅𝒆 𝒂𝒍𝒈ú𝒏𝒔 𝒏𝒆𝒏@𝒔 𝒒𝒖𝒆 𝒐 𝒑𝒓𝒆𝒄𝒊𝒔𝒂𝒓𝒐𝒏… 🤲
Foron 🫴1️⃣0️⃣ anos de contínua aportación👌e que ░A░G░R░A░D░E░C░E░M░O░S░!!!, sobretodo, ó noso máis incansable e fiel colaborador, Manolo 💞♾️

A derradeira recollida fíxose onte, 30 de Xaneiro…. 𝐗𝐚 𝐧𝐨𝐧 𝐫𝐞𝐜𝐨𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐦𝐚𝐢𝐬 𝐧𝐨 𝐭𝐞𝐦𝐩𝐥𝐨!!

(𝑃𝑜𝑑𝑒𝑑𝑒𝑠 𝑙𝑒𝑣á𝑙𝑜𝑠, 𝐿𝐴𝑉𝐴𝐷𝐼Ñ𝑂𝑆, 𝑎 𝐶𝑜𝑟𝑟𝑒𝑜𝑠 𝑜𝑢 𝑎 𝑆𝑖𝑙𝑣𝑒𝑟𝑖𝑜, 𝑛𝑎 𝑃𝑟𝑎𝑧𝑎 𝑑𝑒 𝑎𝑏𝑎𝑠𝑡𝑜𝑠)

Gastos y arreglillos (III)

Sempre hai que mirar patrás…. e ░A░g░r░a░d░e░c░e░r░!! 👏🏻👏🏻  Fai algo máis dun ano xa, Don Antonio cesaba oficialmente como párroco de Seixo e de San Xurxo… Estivemos casi 6 meses «mantendo a Parroquia»💪🏼 e 𝑜𝑠 𝑡𝑒𝑚𝑝𝑜𝑠 𝑑𝑒 𝐷𝑒𝑢𝑠 𝑙𝑒𝑣𝑎𝑟𝑜𝑛 𝑜 𝑠𝑒𝑢 𝑟𝑖𝑡𝑚𝑜, 𝑝𝑒𝑟𝑜 𝑐𝘩𝑒𝑔𝑎𝑟𝑜𝑛!!👌🏼💒💯

𝗠𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿𝗮𝗺𝗼𝘀 𝘀𝘂𝘀𝘁𝗮𝗻𝗰𝗶𝗮𝗹𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲 💒 🔝e estamos moi contentos con 𝔻. 𝔻𝕒𝕧𝕚𝕕, que nin notamos que o «compartimos»: sempre está ahí 🤲🏼💞 !!

Todos os que doades cada Domingo no Peto do templo axudades cos Gastos que van aparecendo en relación ó mantemento da nosa Parroquia: Graciñas a todos vos!!

A seguir mogorando!!

Este é o resumo dos arranxos e cousiñas da vida parroquial dende Marzo ´22

Mais Info dos Gastos/Arreglillos dende que marchou Donjo: 

Gastos y arreglillos (I)

Gastos y arreglillos (II)

Bo Nadal

Como cada Nadal, desde San Xurxo, felicitamos a tódo-los “Mogoreños”que estades por outros pobos e países… lembrándoos nestas datas ¡¡Porque non vos esquecemos!!
A todos os que andades por Perú, Argentina, México, Inglaterra, Gran Sol, Asturias, Mallorca, Alicante, Castellón, Villagarcía, Pontevedra, Marín, Seixo, Cela, Bueu, Placeres, Santiago, Mourentáns, Portas, Moaña, Cangas, Poio, Vigo, Mosteiro, As Neves, Ourense, Huelva, Cádiz, Fuerteventura, Coruña, Madrid, Córdoba, País Vasco… e outros tantos que non sabemos… pero tamén ós que nos seguides, xa que sodes Mogoreños de corazón:
¡¡¡Que o Deus feito Neno nos faga sentir “lo mogor de lo Mogor”!!!

Con esta imaxe do Neno que bicamos todos os anos na nosa Parroquia, enviamos ao mundo enteiro os nosos desexos de Paz e de un Amor grande, xeneroso e inimaxinable que nos axude nas dificultades cotiáns. ¡Bo Nadal para todos!