Ata sempre, amigo
ᴏɴᴛᴇ ꜰᴏɪꜱᴇ… 😥 ᴘᴏʀQᴜᴇ ᴄᴜᴍᴘʀɪᴜ ᴀ ꜱᴜᴀ ᴍɪꜱɪÓɴ ᴇ ʟʟᴇ ᴇꜱᴘᴇʀᴀʙᴀ ᴀ ʀᴇᴄᴏᴍᴘᴇɴꜱᴀ… ꜰᴏɪꜱᴇ… ᴘᴏʀQᴜᴇ ᴅᴇᴜꜱ ᴇꜱᴛᴀʙᴀ ᴀɢᴀʀᴅÁɴᴅᴏᴏ ᴅᴇɴᴅᴇ ʜᴀɪ ᴛᴇᴍᴘᴏ… ᴇ ᴀ ᴅᴇᴜꜱ ɴᴏɴ ꜱᴇ ʟʟᴇ ᴘᴏᴅᴇ ꜰᴀᴄᴇʀ ᴀɢᴀʀᴅᴀʀ!
ᴄᴏᴍᴏ ᴘᴇʀꜱᴏᴀꜱ, ᴇꜱᴛᴀᴍᴏꜱ ᴛʀɪꜱᴛᴇꜱ ᴘᴇʀᴏ ᴀ ɴᴏꜱᴀ ꜰᴇ ꜰᴀɪɴᴏꜱ ᴇɴᴛᴇɴᴅᴇʀ Qᴜᴇ ᴀ ᴍᴏʀᴛᴇ ɴᴏɴ É ᴜɴʜᴀ ᴛʀᴀxᴇᴅɪᴀ, ꜱɪɴᴏɴ ᴜɴ ᴀʟᴇɢʀᴇ “ᴄʜᴇɢᴀʀ Á ᴄᴀꜱᴀ” ᴇ ʀᴇᴄɪʙɪʀ ᴀ ʜᴇʀᴅᴀɴᴢᴀ…
Tivemos a sorte de telo como compañeiro inseparable do noso Donjo e de don Manuel, de que nos contara moitos chascarrillos e cousiñas que nos facían rir, de ternos aprendido a cantar a Misa en latín e outras tantas melodías, de telo como sacerdote acompañante de moitas Celebracións importantes na Parroquia, de telo como párroco dous anos aquí en San Xurxo… A enfermidade foi o que fixo que non puidera seguir exercendo a sua vocación, e por ser como era, anque postrado na que era a sua casiña, en Seixo, tivo a sorte de ter xentiña que o coidou ata o derradeiro día!!
Deus será a mellor compañía que poidas ter!! 👌🏻
Ata sempre amigo: só te adiantaches no camiño que queremos percorrer todos!!
Unha lembranza e unha Oración!! 🤲🏼🤲🏼
Don Antonio naceu, prematuro, un 2 de Abril do 1932 en Silleda, día no que tamén o bautizaron… A sua primeira Comunión foi o 13 de Xuño do 1939… Ordeouse sacerdote o 20 de decembro do 1958, de mans do Cardenal Quiroga Palacios… Foi para a sua primeira Parroquia en Arca e Souto, na Estrada, un 23 de Xaneiro de 1959…. a san Mamed de Abalo, en Catoira, o 20 de Novembro do 1959…. a san Vicente de la Baña, o 20 de novembro do 1969…. a Nuestra Señora del Carmen de Seixo, o 29 de Xuño do 1982… Capelán da Comunidade do Sagrado Corazón de Placeres dende 1997 e, ademáis, administrador apostólico da Parroquia de San Xurxo de Mogor dende o 14 de Outubro do 2019…. ata decembro do 2021…Casi 64 anos de vida sacerdotal!!
«…ᴄÓɢᴇᴍᴇ ᴇɴ ᴛᴜꜱ ʙʀᴀᴢᴏꜱ, ᴍᴀᴅʀᴇ ᴍÍᴀ, ʏ ʟʟÉᴠᴀᴍᴇ ᴀʟ ᴄɪᴇʟᴏ… ᴍᴜÉꜱᴛʀᴀᴍᴇ ᴀ ᴊᴇꜱÚꜱ, ᴄᴏᴍᴏ ᴜɴ ɴɪÑᴏ ᴘᴇQᴜᴇÑᴏ Qᴜᴇ ꜱᴇ ᴀᴄᴜʀʀᴜᴄᴀ ᴇɴ ʙʀᴀᴢᴏꜱ ᴅᴇ ꜱᴜ ᴍᴀᴅʀᴇ… ᴀꜱÍ, ʏᴏ Qᴜɪᴇʀᴏ ᴇꜱᴛᴀʀ ʏ, ᴄᴏᴍᴏ ᴛᴀɴᴛᴀꜱ ᴠᴇᴄᴇꜱ, Qᴜɪᴇʀᴏ ᴄᴀɴᴛᴀʀᴛᴇ ᴄᴏɴ ᴛᴏᴅᴀ ᴍɪ ᴠᴏᴢ: ꜱᴀʟᴠᴇ, ᴇꜱᴛʀᴇʟʟᴀ ᴅᴇ ʟᴏꜱ ᴍᴀʀᴇꜱ! ꜱᴀʟᴠᴇ! ꜱᴀʟᴠᴇ! ꜱᴀʟᴠᴇ!»
(𝘥𝘰 𝘵𝘦𝘴𝘵𝘢𝘮𝘦𝘯𝘵𝘰 𝘦𝘴𝘱𝘪𝘳𝘪𝘵𝘶𝘢𝘭 𝘥𝘰 𝘴𝘢𝘤𝘦𝘳𝘥𝘰𝘵𝘦 𝘈𝘯𝘵𝘰𝘯𝘪𝘰 𝘐𝘨𝘭𝘦𝘴𝘪𝘢𝘴)
Velarase no Templo parroquial de Nuestra Señora del Carmen
a partires do LUNS dende as 17:00h ás 21:30h
🌀🌀 ás 19:00h, farase unha 𝐌𝐢𝐬𝐚
𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐬𝐞𝐮 𝐞𝐭𝐞𝐫𝐧𝐨 𝐝𝐞𝐬𝐜𝐚𝐧𝐬𝐨 🌀🌀
e, o MARTES, dende as 10h ás 17h
O FUNERAL polo seu eterno descanso será o Martes ás 17:00h
𝘋𝘪𝘤𝘩𝘰𝘴𝘰𝘴 𝘭𝘰𝘴 𝘲𝘶𝘦 𝘮𝘶𝘦𝘳𝘦𝘯 𝘦𝘯 𝘦𝘭 𝘚𝘦ñ𝘰𝘳, 𝘲𝘶𝘦 𝘥𝘦𝘴𝘤𝘢𝘯𝘴𝘦𝘯 𝘺𝘢 𝘥𝘦 𝘴𝘶𝘴 𝘧𝘢𝘵𝘪𝘨𝘢𝘴, 𝘱𝘶𝘦𝘴 𝘴𝘶𝘴 𝘰𝘣𝘳𝘢𝘴 𝘭𝘰𝘴 𝘢𝘤𝘰𝘮𝘱𝘢ñ𝘢𝘯
(Ap 14, 13)
Más info en:
Graciñas por taponear
Con tristura, anunciamos que 𝘅𝗮 𝗻𝗼𝗻 𝗿𝗲𝗰𝗼𝗹𝗹𝗲𝗿𝗲𝗺𝗼𝘀 𝗺𝗮𝗶𝘀 𝘁𝗮𝗽ó𝗻𝘀 𝘀𝗼𝗹𝗶𝗱𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀
na Parroquia…
A 𝑓𝑎𝑙𝑡𝑎 𝑑𝑒 𝑣𝑜𝑙𝑢𝑛𝑡𝑎𝑟𝑖𝑎𝑑𝑜 𝑝𝑎𝑟𝑎 𝑙𝑖𝑚𝑝𝑎𝑟 𝑒 𝑐𝑙𝑎𝑠𝑖𝑓𝑖𝑐𝑎𝑟 𝑜𝑠 𝑡𝑎𝑝ó𝑛𝑠 𝑒𝑛𝑡𝑟𝑒𝑔𝑎𝑑𝑜𝑠… o 𝑎𝑙𝑡𝑜 𝑐𝑢𝑠𝑡𝑜 𝑑𝑒 𝑚𝑒𝑑𝑖𝑜𝑠 𝑝𝑎𝑟𝑎 𝑓𝑎𝑐𝑒𝑙𝑜 𝑒 𝑝𝑎𝑟𝑎 𝑟𝑒𝑐𝑜𝑙𝑙𝑒𝑙𝑜𝑠… e 𝑞𝑢𝑒 𝑛𝑜𝑛 𝑝𝑎𝑔𝑎𝑛 𝑝𝑜𝑟 𝑒𝑙𝑒𝑠 𝑜 𝑡𝑟𝑎𝑏𝑎𝑙𝑙𝑜 𝑞𝑢𝑒 𝑠𝑒 𝑝𝑎𝑠𝑎… fai que a F.A.G. non poida seguir con esta laboura…
𝑫𝒆𝒏𝒅𝒆 𝒇𝒊𝒏𝒂𝒊𝒔 𝒅𝒆 2012, moitos fostes os que viñestes colaborando, cada tres meses, xunto coa Fundación Amigos De Galicia (F.A.G.), nesta 𝑹𝒆𝒄𝒐𝒍𝒍𝒊𝒅𝒂 𝒅𝒆 𝑻𝒂𝒑ó𝒏𝒔 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝒂𝒙𝒖𝒅𝒂𝒓 𝒏𝒐𝒔 𝑻𝒓𝒂𝒕𝒂𝒎𝒊𝒆𝒏𝒕𝒐𝒔 𝒅𝒆 𝒂𝒍𝒈ú𝒏𝒔 𝒏𝒆𝒏@𝒔 𝒒𝒖𝒆 𝒐 𝒑𝒓𝒆𝒄𝒊𝒔𝒂𝒓𝒐𝒏…
Foron anos de contínua aportación
e que ░A░G░R░A░D░E░C░E░M░O░S░!!!, sobretodo, ó noso máis incansable e fiel colaborador, Manolo
A derradeira recollida fíxose onte, 30 de Xaneiro…. 𝐗𝐚 𝐧𝐨𝐧 𝐫𝐞𝐜𝐨𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐦𝐚𝐢𝐬 𝐧𝐨 𝐭𝐞𝐦𝐩𝐥𝐨!!
(𝑃𝑜𝑑𝑒𝑑𝑒𝑠 𝑙𝑒𝑣á𝑙𝑜𝑠, 𝐿𝐴𝑉𝐴𝐷𝐼Ñ𝑂𝑆, 𝑎 𝐶𝑜𝑟𝑟𝑒𝑜𝑠 𝑜𝑢 𝑎 𝑆𝑖𝑙𝑣𝑒𝑟𝑖𝑜, 𝑛𝑎 𝑃𝑟𝑎𝑧𝑎 𝑑𝑒 𝑎𝑏𝑎𝑠𝑡𝑜𝑠)
Gastos y arreglillos (III)
Sempre hai que mirar patrás…. e ░A░g░r░a░d░e░c░e░r░!! 
Fai algo máis dun ano xa, Don Antonio cesaba oficialmente como párroco de Seixo e de San Xurxo… Estivemos casi 6 meses «mantendo a Parroquia»
e 𝑜𝑠 𝑡𝑒𝑚𝑝𝑜𝑠 𝑑𝑒 𝐷𝑒𝑢𝑠 𝑙𝑒𝑣𝑎𝑟𝑜𝑛 𝑜 𝑠𝑒𝑢 𝑟𝑖𝑡𝑚𝑜, 𝑝𝑒𝑟𝑜 𝑐𝘩𝑒𝑔𝑎𝑟𝑜𝑛!!


𝗠𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿𝗮𝗺𝗼𝘀 𝘀𝘂𝘀𝘁𝗮𝗻𝗰𝗶𝗮𝗹𝗺𝗲𝗻𝘁𝗲
e estamos moi contentos con 𝔻. 𝔻𝕒𝕧𝕚𝕕, que nin notamos que o «compartimos»: sempre está ahí 
!!
Todos os que doades cada Domingo no Peto do templo axudades cos Gastos que van aparecendo en relación ó mantemento da nosa Parroquia: Graciñas a todos vos!!
A seguir mogorando!!
Este é o resumo dos arranxos e cousiñas da vida parroquial dende Marzo ´22
Mais Info dos Gastos/Arreglillos dende que marchou Donjo:
Bo Nadal
Como cada Nadal, desde San Xurxo, felicitamos a tódo-los “Mogoreños”que estades por outros pobos e países… lembrándoos nestas datas ¡¡Porque non vos esquecemos!!
A todos os que andades por Perú, Argentina, México, Inglaterra, Gran Sol, Asturias, Mallorca, Alicante, Castellón, Villagarcía, Pontevedra, Marín, Seixo, Cela, Bueu, Placeres, Santiago, Mourentáns, Portas, Moaña, Cangas, Poio, Vigo, Mosteiro, As Neves, Ourense, Huelva, Cádiz, Fuerteventura, Coruña, Madrid, Córdoba, País Vasco… e outros tantos que non sabemos… pero tamén ós que nos seguides, xa que sodes Mogoreños de corazón:
¡¡¡Que o Deus feito Neno nos faga sentir “lo mogor de lo Mogor”!!!
Con esta imaxe do Neno que bicamos todos os anos na nosa Parroquia, enviamos ao mundo enteiro os nosos desexos de Paz e de un Amor grande, xeneroso e inimaxinable que nos axude nas dificultades cotiáns. ¡Bo Nadal para todos!
La mogor Catequesis
A nosa Catequese dos CON.FOR. (grupo de CONvivencia e FORmación) ten alumn@s asegurad@s!! porque na nosa Parroquia temos «nenos maiores» que ansían volver reunirse para «aprender un pouquiño máis» e, de paso, salir da casa e relacionarse, que iso fai máis falta… 👏🏻👏🏻
Demos comezo o Xoves: 10 de Novembro, ás 18h no Baixo parroquial, que, aínda que pequeniño, eche máis feitiño para o xeito desta Catequese…😍
Moi ilusionados volveron os que xa foran outros anos e as novas incorporacións… Este primeiro día foi de «festa de benvida» e, entre nervios i emocións,🥲 lembraron anécdotas pasadas…🤭 e programouse o Curso.
Mais de hora e media que quedou corta á espera da próxima xuntanza 🫂
Ajolá se cheguen a crear tantas boas lembranzas como as que se compartiron eses anos e siga sendo «la mogor catequesis»!!
Novo Curso catequético
Este novo Curso temos novidades con respecto á Catequese: decir, primeiramente, que 𝕊𝕒𝕟𝕥𝕒 𝕄𝕒𝕣í𝕒 𝕕𝕖𝕝 ℙ𝕦𝕖𝕣𝕥𝕠 foi elexida como centro da 𝗨𝗻𝗶𝗱𝗮𝗱e 𝗽𝗮𝘀𝘁𝗼𝗿𝗮𝗹 daquí, como «Parroquia Central» de todas as da contorna… o cal conlevará máis responsabilidades e máis 𝗰𝗼𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝗰𝗶ó𝗻…. Así, o noso párroco precisará de máis axuda que, sabemos, podemos darlle!!
Na nosa Parroquia «non temos nenos» que veñan á Catequese…. (máis ben, non temos pais que manden a eses nenos á Catequese…) pero sí temos «nenos maiores» que ansían volver reunirse para «aprender un pouquiño máis» e, de paso, salir da casa e relacionarse, que iso fai máis falta…
Por tanto, a nosa Catequese dos CON.FOR. (grupo de CONvivencia e FORmación) ten alumn@s asegurad@s!!
O novo Curso catequético 22-23 𝗰𝗼𝗺𝗲𝗻𝘇𝗮𝗿á 𝗼 𝟵 𝗱𝗲 𝗢𝘂𝘁𝘂𝗯𝗿𝗼…. E, como é cousa de celebrálo, mediáticamente virá Don Francisco e ata a TVG!! á Misa das 10h en Marín, cousa boa porque podemos aproveitar estas novas formas para propagá-la nosa Fe, as nosas creenzas, experiencias e motivacións para que lle poidan servir a moit@s para mellorar a sua vida, sendo así TODOS catequistas, esteamos onde esteamos!!
Entrada no feis 👉🏻👉🏻👉🏻👉🏻👉🏻👉🏻 https://www.facebook.com/plugins/post.php?href=https%3A%2F%2Fwww.facebook.com%2Fsanxurxo.mogor.7%2Fposts%2Fpfbid02Sr9xZWaXiY6myPWTMJxpZXdTrceEY5iKg2BvHTC6AhzyV1jopS8EpDfxiNUVpaMJl&show_text=true&width=500
Entrada no feis 👉🏻👉🏻👉🏻👉🏻👉🏻👉🏻 https://www.facebook.com/plugins/post.php?href=https%3A%2F%2Fwww.facebook.com%2Fsanxurxo.mogor.7%2Fposts%2Fpfbid0PpSLXskRF44bca8m28vqzbgJb1XQtArhr42c3uSWqwxmLPGWrc7PkqdZoU2wvt3Pl&show_text=true&width=500
A Celebración 👉🏻👉🏻👉🏻👉🏻👉🏻👉🏻 http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/santa-misa-09-10-2022-5839845?t=2949&fbclid=IwAR3U_ck8Veip56qBNo5fv_xpjBojPbK-Rnsb1gInEcTo2R-q53KZ4nuv96Q
Pedíndolle ó Papa
Do noso D. David, aínda que non sabemos moito del, sí notamos o seu compromiso coas inxusticias… coas impotencias… có penar dos que non atopan acougo… como fixo, neste caso, dende o primeiro día con estes familiares dos falecidos no Villa de Pitanxo, alá vai para 7 meses…
Cousa mediática foi pero, aínda que non o fora, e por todos os que faleceron no mar e, para que non volva a pasar, alá foi cuns cantos desas familias a unha Audiencia có Papa, xa que, membros do seu país poderían interceder para que se investiguen as posibles neglixencias que acabaron coa vida dos seus seres queridos… para tranquilidade deles…
Temos claro e, ademáis por experiencia, que os tempos de Deus van despacio pero chegan…
Dí o refrán que «a Deus pregando pero có mazo dando»… e, tamén temos claro que, esta xentiña terá pronto acougo dos seus pesares!!




Non temas porque Eu estou contigo… Non desmaies porque Eu son o teu Deus que te fortalezo; sempre te axudarei…sempre te sustentarei