Amar como tú

 

De Primera Comunión

En este mes de María

Nuestra Inmaculada

Tendremos el rezo del Santo Rosario: los Domingos, a las 6½ de la tarde y, a diario, un cuarto de hora antes de cada Misa…

Para rezarle expresamente a la Virgen en este mes de Mayo:

https://www.cope.es/religion/vivir-la-fe/noticias/siete-oraciones-para-rezar-virgen-maria-para-mayo-20190501_405696

En este San Marcos

E chegóu o derradeiro día… e tamén chovendo e ventando… E, como di Donjo: Máis vale “un por si acaso” que “dous si houbera…”, decidiuse facer a Procesión e a Bendición do campo, as viñas e o mar no adro…

Despedímonos ata o ano aínda que, a pesares da boa música de Os Chaneiros, có frío que facía, ninguén se animou a botar a peza… 

Graciñas a D. Manuel e D. Antonio por vir concelebrar a Misa de San Marcos con Donjo; graciñas a todos os que axudastes a levar os santos nestes días; graciñas ós que cantastes, pedistes e leístes nas Misas; graciñas ós que facedes as comidas e postres tan ricos cada ano e, por suposto, graciñas a todos os que asististes ás festas!!

(Fotos de Macame)

En esta Virxe das Angustias

E, por segundo día das Festas, fomos para a misa chovendo… ata que chegou a hora da Procesión, que a puidemos facer ata a do Choucho, onde Donjo mandou dá-la volta, non fora ser que as nubes que se achegaban, descargaran a auga sobre nos…

Pero houbo máis sorte porque, tamén dou tempo a botarlle unhas pezas coa música de “Os Chaneiros”…

Graciñas a D. Jose Manuel, D. Antonio e D. Manuel por vir concelebrar a Misa da Virxe das Angustias e a todos os que asististes a ela!!

(Fotos de Macame)

En este San Jorge

As previsións non fallaron e, por San Xurxo, ou chuva ou Norte…

A pesares da chuva, a pesares de que xa non se celebran estas Festas coma se celebraban,

a pesares de ser día de semana e a pesares dos poucos que asistimos… ás 12 da mañán fíxose a Misa cantada do Patrón e incluso cunha pequena Procesión arredor do adro…

E, a Charanga Noroeste tocou unhas pezas para rematá-la mañán!!

Graciñas a D. Juan Carlos, D. Andrés e D. Álvaro por vir concelebrar a Misa de San Xurxo e a todos os que asististes a ela!!

Dende aquí e desde este Día, recordamos ós que faltaron este ano e mandamos Saúdos a tódo-los mogoreños que non están por aquí ou que non puderon vir: Bó día do Patrón!!

(Fotos de Macame)

Preparados para as Festas do Patrón

E tra-la Semana Santa, chegan as Festas patronais… e, neste Domingo de Pascua, os homes deixan todo listo para o día…

Este ano, fixádevos ben que se adianta a hora da Misa solemne… e, a pesares de non haber verbenas, sí haberá música nas Procesións e un ratiño despois da Misa, para ir comer con gañas