Na Semana Santa

Comezamos desta maneira a Semana Santa:

Cunha fermosa mañán de primaveira, reunímonos no adro parroquial, nenos e maiores, cos nosos ramos e palmas para lembrar aquela entrada humilde que tivo Xesús en Xerusalén e para recibir, así, a Bendición dos ramos, que son símbolo do Triunfo pascual de Xesús…💥

Na tardiña do Xoves Santo, unímonos cós fieis de santa Maria do Campo, no Lavatorio dos pés e na Celebración do recordo da Derradeira Cea… E deixamos ó Santísimo no Sagrario do noso Monumento, coas candeas prendidas…

Na mañán do Venres Santo, fixemos o noso Viacrucis cós fieis e, á tardiña, reunímonos de novo para pedir por moitas cousas e adorá-la Cruz onde morreu o Salvador do mundo…

Tristeiros, sí, por todos estes acontecementos que lle pasaron…..pero coa esperanza de que a cousa non rematou ahí, xuntámonos na Vixilia do Sábado para celebrar por todo o alto, que: Xesús resucitóu!!  e facendo unha única parroquia, rematamos comendo a Rosquiña de Pascua…

Qué ben poder celebrar coa Comunidade estes días e volver escoitar nenos 🧒👧 no templo!!👏👏

 

𝔾ℝ𝔸ℂ𝕀Ñ𝔸𝕊 𝗮 𝘁𝗼𝗱@𝘀 𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗰𝗼𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝘀𝘁𝗲𝘀 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗾𝘂𝗲 𝗳𝗼𝘀𝗲 𝗽𝗼𝘀𝗶𝗯𝗹𝗲 𝗲𝘀𝘁𝗮 SEMANA SANTA 𝗻𝗮 𝗻𝗼𝘀𝗮 Parroquia: comezando por D. David que nos veu celebrar o Triduo 𝗲𝗻𝘁𝗲𝗶𝗿𝗶ñ𝗼 💞… a José, por ternos o 𝘁𝗲𝗺𝗽𝗹𝗼 aberto e todo listo para cando chegamos 💒👌… ás que puxeron o 𝗽𝗵𝗼𝘁𝗼𝗰𝗮𝗹𝗹 pás fotos en Ramos 🌿… a Maca por poñer 𝗼𝗹𝗶𝘃𝗼𝘀 𝗲 𝗰𝗮𝗻𝗱𝗲𝗮𝘀 para os que se esqueceran 🤦🏻‍♂️… ós que montaron ou desmontaron o 𝗠𝗼𝗻𝘂𝗺𝗲𝗻𝘁𝗼 ⚪©️… ós que puxeron 𝘃𝗲𝗹𝗮𝘀 nel 🕯️🕯️… a Manola por adornalo tan 𝗯𝗼𝗻𝗶𝘁𝗶ñ𝗼 💐🔝… ós que aportaron para as flores e para as 𝗥𝗼𝘀𝗰𝗮𝘀 de Pascua 💰… ós do 𝗖𝗼𝗿𝗼 e ás do Pregón 🎶🎶… ós 𝘃𝗼𝗹𝘂𝗻𝘁𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 de ꜱᴀɴᴛᴀ ᴍᴀʀÍᴀ ᴅᴏ ᴄᴀᴍᴘᴏ 💝… ós 𝗹𝗲𝗰𝘁𝗼𝗿𝗲𝘀 📖… a Jose por tocá-las 𝗰𝗮𝗺𝗽á𝘀 no Gloria 🔔🔔… ós que sacaron 𝗳𝗼𝘁𝗼𝘀 📸 😍… e tamén ós que habitualmente 𝗮𝗽𝗮𝗿𝗰𝗮𝗻 no adro, por ser tan guiadiños 🅿️🚗… pero, ❗❗𝒔𝒊𝒏 𝒅𝒖𝒅𝒂𝒍𝒐❗❗ 𝔾ℝ𝔸ℂ𝕀Ñ𝔸𝕊 a 𝘁𝗼𝗱@𝘀 𝗼𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗮𝘀𝗶𝘀𝘁𝗶𝘀𝘁𝗲𝘀 á𝘀 𝗖𝗲𝗹𝗲𝗯𝗿𝗮𝗰𝗶ó𝗻𝘀 𝗰ó 𝗿𝗲𝘀𝗽𝗲𝘁𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝗺𝗲𝗿𝗲𝗰í𝗮 👏

Felices Pascuas!!

Publicado el 9 abril, 2023 en Cosas de nuestra parroquia y etiquetado en . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: