Archivos Mensuales: julio 2022
Coas portas abertas
Moitos foron os que se achegaron a esta Misa de Acción de Gracias por Don José que acordaron a sua familia de Mourentáns e don David… Bonito o arranxo de flores no Templo… Sentidas as cancións que se interpretaron na Cerimonia… e, corto, moi corto, lle quedóu o tempo a D. José Manuel para lembrar tódo-los ratos de convivencia có noso Donjo, todo o que nos regalou en tempo, catequese, arranxos, cartos, convivencias, ceas, excursións…. tóda-las cousas boas que fixo en nós, có seu gran desprendemento, sempre coas suas portas abertas!!
Sí: «𝑵𝒊𝒏𝒈𝒖é𝒏 𝒎𝒐𝒓𝒓𝒆 𝒎𝒆𝒏𝒕𝒓𝒆𝒔 𝒐 𝒍𝒆𝒎𝒃𝒓𝒆𝒎𝒐𝒔» (D. José Manuel) 
Setespadas e Santa Ana
E voltamos polas festas da Virxen das Sete Espadas e de Santa Ana, os de aquí e os que viven fora… e voltamos reunirnos no adro da Capilla e, este ano, por fin, tamén na Procesión… e voltamos sacarnos fotos con esas vistas espetaculares e tamén levando ós santos… e…. voltamos ver rapaciños na Parroquia!!
Graciñas a Carmen, a morena, por ter tan ben arranchadiña a Capela para estes días, a don David e a don Álvaro por facernos a misiña; a José e a Manolo por axudarlles; ó Coro por amenizála; a Xenete por encargar a parte musical e acompañar no pasaruas; ós Chaneiros e á Charanga Noroeste por facernos festa; ós que doaron eses ramos magníficos de flores; ós que fan sen que se vexa… pero, sobretodo, a tódo-los fieis que vos achegastes á Romería para non deixar perder as costumes!!
Que reposes en paz
Hasta que Deus quixo… Parroquia: este mediodía deste «xoves sacerdotal», morreu o noso Donjo…
𝘿𝙚𝙩𝙧á𝙨 𝙙𝙤 𝙥𝙧𝙖𝙣𝙩𝙤 𝙦𝙪𝙚𝙙𝙖 𝙤 𝙨𝙞𝙡𝙚𝙣𝙘𝙞𝙤; 𝙙𝙚𝙩𝙧á𝙨 𝙙𝙤 𝙨𝙞𝙡𝙚𝙣𝙘𝙞𝙤, 𝙦𝙪𝙚𝙙𝙖 𝙤 𝙧𝙚𝙘𝙤𝙧𝙙𝙤 𝙚, 𝙙𝙚𝙩𝙧á𝙨 𝙙𝙤 𝙧𝙚𝙘𝙤𝙧𝙙𝙤, 𝙦𝙪𝙚𝙙ó𝙪 𝙤 𝙢𝙤𝙢𝙚𝙣𝙩𝙤…
Non existen as despedidas entre nós…
Que reposes en paz, bo amigo!! Levarémoste no corazón do mogor do Mogor
Sempre https://sanjorgedemogor.wordpress.com/nuestro-donjo/
Mañán, ás 16:30h, salirase do adro da igrexa para ir todos xuntos acompañar á familia no tanatorio…
Se alguén se quere unir, 𝗽𝗿𝗲𝗰𝗶𝘀𝗮 𝘁𝗿𝗮𝗲𝗿
𝗲 𝗰𝗼𝗰𝗵𝗲
porque non se pudo pedir autobús, e ata onde sabemos, os que xa se apuntaron, xa van completos…
Unha lembranza e unha Oración
Morreu unha parte de nós
https://www.paxinasgalegas.es/la-union-33765em.html
Coma persoas, estamos tristes pero a nosa Fe nos fai entender que a morte non é unha traxedia, senón un alegre «chegar á Casa» e recibí-la herdanza…
Pequena quedou a Coroa que se mandou dende a Parroquia…
"Graciñas de parte da familia Cantelar, a todos/as que doastes para a Coroa, os que foron ó enterro e os que non puideron, os que non se enteraron e os que viven noutros lares..... Mogor sempre formará parte da nosa vida"