Archivo del sitio

Es tiempo de Adviento

Comenzamos hoy nuestro Adviento…

Lecturas en galego

 Para ter as lecturas do domingo en galego acordádevos de conectar co blog de    “Xa nos tes aquí”  na seguinte ligazón:

http://xanostesaqui.blogspot.com

Para domingo XIV-A

Documento de liturgia para el próximo domingo 3 de julio 2011:TO A 14

Mensaxe de Andrés G.V.

Velaquí tedes unha cita en castelán de G. Lohfink ( biblista católico de
recoñecido prestixio)  comentando o relato da Ascensión que hoxe lemos
como primeira lectura:
 «El tema de Hch 1, 6-11 (la ascensión) es el problema de la parusía. Lucas
intenta decir a sus lectores: el hecho de que Jesús haya resucitado no
significa que la historia haya llegado a su fin y que la venida de Jesús
en gloria sea inminente. Por el contrario, la pascua significa
exactamente que Dios crea un espacio y un tiempo para que la Iglesia se
desarrolle, partiendo de Jerusalén, Judea y Samaría, hasta los confines
de la tierra. Por eso es erróneo quedarse ahí parado y mirar para el
cielo. Sólo quien dé testimonio de Jesús ha entendido correctamente la
pascua. Jesús vendrá. ¿Cuándo? Eso es asunto reservado a Dios. La tarea
de los discípulos está en constituirse ahora en el mundo en cuanto
Iglesia» 

Se cadra, se compuxese Lucas a escenificación da exaltación do Cristo
resucitado para lectores de hoxe, cambiaría a frase que coloca nos
labios dos anxos:” Galileos, que facedes aí estantíos mirando o ceo?”
Poida que nos preguntasen: homes mulleres de hoxe: que facedes aí tan
atafegados ollando soamente a terra?  Non me gustaría ser inxusto cos
meus contemporáneos (e polo tanto comigo mesmo) pero o Señor resucitado,
“sentado á dereita do Pai” como príncipe e herdeiro do seu reinado,
reclama unha mirada atenta ao ceo. Pregúntasme:  Como “mirar o ceo”?
Mirar o ceo é dedicar tempo a facer silencio; a mirar o corazón e coidar
nel os sentimentos de compaixón e tenrura, de empatía e complicidade
cos nosos máis próximos e cos máis distantes; ensaiar e constatar outros
modos de achegarnos uns aos outros e de acoller a quen sexa…
El desapareceu da ollada que non sabe mirar o ceo, pero está no centro da
meniña dos ollos cando pola palabra e polo amor damos testemuño del,
tamén nas redes sociais, co perfil de cristián, seguidores e amigos do
crucificado resucitado.

Insisto nalgúns enlaces.

http://www.youtube.com/watch?v=Dnv2glucP6I

Reitero a invitación á Asemblea do Apostolado Segrar aos diocesanos de
Santiago, sábado día 11. Anotádevos canto antes, por favor, Non é unha
asemblea para os mozos (tamén, claro), senón unha asemblea de laicos
que comparten a reflexión, este ano, sobre a relixiosidade dos mozos.

Necesito saber non soamente cantos ides comer, senón cantas fotocopias facer e cartafoles preparar.

  1. Dia Ap. Segrar. Programa
  2. Inscrición Dia Ap. Segrar

O meu agarimoso saúdo.

Andres GV

Para 3º Domingo de Pascua

Fonte do Cañoto(Mogor)-Foto:Jorge V.R.

Para tercer domingo de Pascua documento del P. Galarreta>>: Pascua 3

Paixón do Señor,por Andrés G.V.

Ben queridos amigos, un texto longo require demasiadas imaxes para ilustralo e non sempre se dispón delas…

Leemos a Paixón do Señor en Marcos 14 e 15.

De resaltar: unha peza clásica de gospel: were you there….? Estabas alí? Vola reproduzo no arquivo de Word,  por se vos parece ben copiar o texto e telo diante. Creo que o intérprete é Johny Cash.  Texto de Were you there.

A pregunta (“estabas alí cando crucficaron o Señor?) obríganos a mirar onde estamos nós mentres o Señor padece e morre. Onde estamos mentres os pobres, os enfermos, os marxinados… padecen e morren? Éche a mesma pregunta. Por iso xa non digo máis.

Apertas e bicos.

Andres GV

Non deixedes de ver: Club del burro

 

Non tentarás ó Señor, teu Deus

Hai que ver o que significan as tentacións de Xesús!  As tres podémolas resumir/condensar nunha: ti podes facer isto, podes facer estoutro… Falamos da nosa condición fráxil, pero hai que ver o que podemos facer se non lle pòñemos límites ao noso poder/capacidad de facer. Xesús propón o límite de quen cre en Deus: a súa Palabra, que é a vontade amorosa, de Deus; o mesmo Deus, que non se comporta como quen pode máis ca ninguén: non tentarás o Señor… Aclaremos que non é Deus o límite, senón a plenitude, e quen optou por el é quen se rexe por criterios de humanidade, criterios de corazón nobre que renuncia a facer todo o que podería, se quixese… Pero non quere, anque a tentación está aí.

Bicos e apertas.

Andres GV