Archivo del sitio

Volvendo ás Procesións

Fíxosenos raro mirar só UN sacerdote oficiando a misa do Patrón, acostumados a que houbera todo un colorido no presbiterio, pero é de agradecer, e moito, que don Manuel viñera celebrar os 3 días das Festas do Patrón!!

Xa sabemos que: «por san Xurxo, ou chuva ou vento» e…estábase cumprindo o dito!….O tempo acompañou e Xenete pudo botar uns foguetes e levar de pasaruas á Charanga Noroeste e, trá-la Misa, cantada polo grupiño do Coro, pudemos sair en Procesión polo adro, que, aínda que un pouco mal organizadas as filas que tan ben sabiamos facer antes de pandemia, houbo o mesmo respeto e fervor… mentres soaban as campás… e o rosquilleiro agardaba para vendernos esas rosquiñas que tan ben nos saben… 

E, para finalizá-la mañán, a «Charanga Noroeste» animóunos coas suas pezas ós que quedaron a botarlle uns bailes… 

Mañán máis!!

Unha «Semana Santa» das de sempre

E, o 𝕏𝕆𝕍𝔼𝕊 𝕊𝔸ℕ𝕋𝕆, ás cinco da tarde, reunímonos no Templo có novo párroco para lembrar aquela derradeira Cea que fixo Xesús cós seus amigos… Volvemos tocar as campás mentres cantabamos o Gloria…Volvemos facer «Lavatorio de pes«… volvemos gardar o Santísimo no Altar da Reserva… volvemos deixar as nosas veliñas queimar xunta o Sagrario do Monumento… volvemos pregar uns instantes como o fixeran aqueles apóstoles…

Volvemos facer Parroquia!!

E, o 𝕍𝔼ℕℝ𝔼𝕊 𝕊𝔸ℕ𝕋𝕆, volvemos facer Viacrucis pola mañanciña…. e volvemos quedar para lembrar a morte de Xesús por nós, tendo presente que 𝙉𝙤𝙣 é 𝙪𝙣 𝙙í𝙖 𝙩𝙧𝙞𝙨𝙩𝙚, 𝙨𝙚𝙣𝙤𝙣 𝙪𝙣 𝙙í𝙖 𝙙𝙚 𝙚𝙨𝙥𝙚𝙧𝙖 𝙘𝙤𝙣𝙛𝙞𝙖𝙙𝙖!!

Volvemos facer Parroquia!!

E, por fín, chegou o intre màis agardado: a 𝕍𝕀𝕏𝕀𝕃𝕀𝔸 ℙ𝔸𝕊ℂ𝕌𝔸𝕃, e volvemos facer a fogueira da que se colleu o lume para prender o Cirio Pascual, volvemos cantar o Pregón Pascual, leemos as lecturas da Palabra, cantámo-lo Gloria, mentres soaban as campás, e mái-lo Aleluia, renovámo-las Promesas do Bautismo, comulgamos, volvemos coller a auga bendita e, volvemos rematar comendo Rosca, festexando este día que é o máis importante na nosa Fe, porque Xesús resucitou

Volvemos facer Parroquia!!

Felices Pascuas!! 💥🗿

 

 

Un «Ramos» dos de sempre

E… ó terceiro ano, «a Semana Santa resucitou»💥

E, con toda a ilusión do mundo, xa fora por ter novo párroco ou por poder facer Procesións, reunímonos no adro parroquial, uns setenta, nenos e maiores, cos nosos ramos e palmas para lembrar aquela entrada humilde que tivo Xesús en Xerusalén e para recibir, así, a Bendición dos ramos, que son símbolo do Triunfo pascual de Xesús…💥🗿

Despois de escoitar atentamente a Lectura da Pasión e participar da Comunión, lembramos costumes pasadas, remallando os ramos e sacando «a foto de Ramos»…🌿🌿

Comezamos desta maneira a Semana Santa: as datas máis importantes na nosa Fe, porque rematan  coa celebración da Pascua, coa Resurrección de Xesús!!

 

 

 

 

Có noso agarimo

E, aínda que o tiñamos planeado para o domingo pasado e, có conto da folga dos transportistas, non chegou a tempo, hoxe sí: 𝙤 𝙣𝙤𝙨𝙤 𝘿𝙐𝙇𝘾𝙀 𝙖𝙜𝙖𝙧𝙞𝙢𝙤 😋 de Benvida ó 𝙣𝙤𝙫𝙤 𝙥á𝙧𝙧𝙤𝙘𝙤: 𝐺𝑟𝑎𝑐𝑖ñ𝑎𝑠 𝑝𝑜𝑟 𝑞𝑢𝑒𝑟𝑒𝑟 𝑠𝑒𝑟 𝑜 𝑛𝑜𝑠𝑜 𝑔𝑢í𝑎!! 
D. David: Valoramos o teu esforzo e che estamos moi agradecidos 💞
🎶»Sacerdote: para que el mundo tenga vida, te mando a ti,
para que sepa de mi Amor, te elijo a ti»🎶

DSC_0433

Xa temos párroco

𝘕𝘦𝘴𝘵𝘦 𝘋𝘰𝘮𝘪𝘯𝘨𝘰 «𝘓𝘢𝘦𝘵𝘢𝘳𝘦», 𝘯𝘦𝘴𝘵𝘦 𝘥𝘰𝘮𝘪𝘯𝘨𝘰 𝘥𝘦 𝘓𝘦𝘥𝘪𝘤𝘪𝘢, 𝘳𝘦𝘤𝘪𝘣𝘪𝘮𝘰𝘴 ó 𝘯𝘰𝘷𝘰 𝘱á𝘳𝘳𝘰𝘤𝘰 𝘥𝘦 𝘚𝘢𝘯 𝘟𝘶𝘳𝘹𝘰:

«Es un gusto anunciaros que ya soy Párroco de San Xurxo…. Si estoy aquí, es por vuestro empeño… Gracias por seguir manteniendo la Parroquia a pesar de todo el tiempo que estuvisteis solos… disculpadme en nombre de todos los sacerdotes…»

Graciñas, 𝔻𝕒𝕧𝕚𝕕!!🤲 

Os tempos de Deus levaron o seu ritmo, pero chegaron!!👍💒 As solucións chegan para quenes saben agardar!! 💞

E graciñas ó𝕤 𝕗𝕚𝕖𝕚𝕤,🤲 tanto ós daquí coma os de outros lares, que seguistes acudindo á Parroquia!!

Por algo se di que sómo-la «mogor parroquia»

….dende Octubre sen curiña e… ninguén vos oíu queixarvos… Ahí estivestes 💪: cada Domingo e cada Festa e o cando fixo falta!! Sempre animando, apoiando, participando e sustentando… para seguir facendo Parroquia 💒💯

david

Os nosos Josés

Outro ano máis non podiamos deixar de felicitar e mandar agarimos a quen nolos dou a nos: así os mandamos a Mourentáns, e tamén os entregamos aquí na Parroquia, ó noso sacristán fiel, José…

Que sigamos «mogorando»

IMG20220305135734-COLLAGE

Afouteza!!

no desanimemos