Archivo de la categoría: Cosas de nuestra parroquia

Volvendo ás Procesións (III)

E…chegamos ó derradeiro día das Festas Patronais, con foguetes, có Pasacalles das rapazas Chaneiras e coa Procesión antes da Misa, coma se facía antiguamente… Levamos ás imaxes ata a esquina do adro mentres as campás soaban a ritmo de xota, e alí, Don Manuel, fixo a Bendición dos campos, as viñas e o mar e o Coro cantou «a do Viñador» antes de entrar no Templo para participar da Eucaristía e rematar, botándolle uns bailes coa música das Chaneiriñas…

E…coma sempre, agradecer a tódo-los que se achegaron ata as Celebracións, axudaron a levar os santos, tocaron as campás, cantaron, leeron, aportaron cartos…. e, como non: a Xenete e Jaime por levar ós Grupos de Pasacalles; a Sergita, por poñerlles eses aperitivos tan bós; a Manola por adornar tan ben o Templo; a Ferradás e Jose por tocar as campás; a José por ter as cousiñas listas a tempo sempre; á Charanga Noroeste e ós Chaneiros por virnos animar estes días…. pero sobretodo a Don Manuel, por virnos celebrar os tres días das Festas 🤲

Eu, deixo as fotos para o recordo 😍

Moitos recordos nos viñeron á cabeza durante estas datas….moitos faltaron… pero: non deixemos de celebrar, non deixemos de facer Parroquia!!

De hoxe nun ano!

Volvendo ás Procesións (II)

E, neste segundo día das Festas patronais, Xenete levou ós «Os Chaneiros» de Pasarúas por algunhas zonas da Parroquia e, volvemos reunirnos para a Misa da 1, cantada polo grupiño do Coro, e que se prolongou no tempo porque todos coñecemos a don Manuel cando se enrolla… pero que, volvo insistir, lle temos que agradecer que viñera facérno-la os 3 días… Graciñas ós voluntarios que portaron as imaxes e a que a chuva aguantou, pudemos facer a Procesión, acompañada tamén polo repenico de campás, os foguetes e o Concerto que nos fixo o Grupo tradicional para rematá-la mañán de festa…

Mañán máis!!

Volvendo ás Procesións

Fíxosenos raro mirar só UN sacerdote oficiando a misa do Patrón, acostumados a que houbera todo un colorido no presbiterio, pero é de agradecer, e moito, que don Manuel viñera celebrar os 3 días das Festas do Patrón!!

Xa sabemos que: «por san Xurxo, ou chuva ou vento» e…estábase cumprindo o dito!….O tempo acompañou e Xenete pudo botar uns foguetes e levar de pasaruas á Charanga Noroeste e, trá-la Misa, cantada polo grupiño do Coro, pudemos sair en Procesión polo adro, que, aínda que un pouco mal organizadas as filas que tan ben sabiamos facer antes de pandemia, houbo o mesmo respeto e fervor… mentres soaban as campás… e o rosquilleiro agardaba para vendernos esas rosquiñas que tan ben nos saben… 

E, para finalizá-la mañán, a «Charanga Noroeste» animóunos coas suas pezas ós que quedaron a botarlle uns bailes… 

Mañán máis!!

Unha «Semana Santa» das de sempre

E, o 𝕏𝕆𝕍𝔼𝕊 𝕊𝔸ℕ𝕋𝕆, ás cinco da tarde, reunímonos no Templo có novo párroco para lembrar aquela derradeira Cea que fixo Xesús cós seus amigos… Volvemos tocar as campás mentres cantabamos o Gloria…Volvemos facer «Lavatorio de pes«… volvemos gardar o Santísimo no Altar da Reserva… volvemos deixar as nosas veliñas queimar xunta o Sagrario do Monumento… volvemos pregar uns instantes como o fixeran aqueles apóstoles…

Volvemos facer Parroquia!!

E, o 𝕍𝔼ℕℝ𝔼𝕊 𝕊𝔸ℕ𝕋𝕆, volvemos facer Viacrucis pola mañanciña…. e volvemos quedar para lembrar a morte de Xesús por nós, tendo presente que 𝙉𝙤𝙣 é 𝙪𝙣 𝙙í𝙖 𝙩𝙧𝙞𝙨𝙩𝙚, 𝙨𝙚𝙣𝙤𝙣 𝙪𝙣 𝙙í𝙖 𝙙𝙚 𝙚𝙨𝙥𝙚𝙧𝙖 𝙘𝙤𝙣𝙛𝙞𝙖𝙙𝙖!!

Volvemos facer Parroquia!!

E, por fín, chegou o intre màis agardado: a 𝕍𝕀𝕏𝕀𝕃𝕀𝔸 ℙ𝔸𝕊ℂ𝕌𝔸𝕃, e volvemos facer a fogueira da que se colleu o lume para prender o Cirio Pascual, volvemos cantar o Pregón Pascual, leemos as lecturas da Palabra, cantámo-lo Gloria, mentres soaban as campás, e mái-lo Aleluia, renovámo-las Promesas do Bautismo, comulgamos, volvemos coller a auga bendita e, volvemos rematar comendo Rosca, festexando este día que é o máis importante na nosa Fe, porque Xesús resucitou

Volvemos facer Parroquia!!

Felices Pascuas!! 💥🗿

 

 

Un «Ramos» dos de sempre

E… ó terceiro ano, «a Semana Santa resucitou»💥

E, con toda a ilusión do mundo, xa fora por ter novo párroco ou por poder facer Procesións, reunímonos no adro parroquial, uns setenta, nenos e maiores, cos nosos ramos e palmas para lembrar aquela entrada humilde que tivo Xesús en Xerusalén e para recibir, así, a Bendición dos ramos, que son símbolo do Triunfo pascual de Xesús…💥🗿

Despois de escoitar atentamente a Lectura da Pasión e participar da Comunión, lembramos costumes pasadas, remallando os ramos e sacando «a foto de Ramos»…🌿🌿

Comezamos desta maneira a Semana Santa: as datas máis importantes na nosa Fe, porque rematan  coa celebración da Pascua, coa Resurrección de Xesús!!

 

 

 

 

Có noso agarimo

E, aínda que o tiñamos planeado para o domingo pasado e, có conto da folga dos transportistas, non chegou a tempo, hoxe sí: 𝙤 𝙣𝙤𝙨𝙤 𝘿𝙐𝙇𝘾𝙀 𝙖𝙜𝙖𝙧𝙞𝙢𝙤 😋 de Benvida ó 𝙣𝙤𝙫𝙤 𝙥á𝙧𝙧𝙤𝙘𝙤: 𝐺𝑟𝑎𝑐𝑖ñ𝑎𝑠 𝑝𝑜𝑟 𝑞𝑢𝑒𝑟𝑒𝑟 𝑠𝑒𝑟 𝑜 𝑛𝑜𝑠𝑜 𝑔𝑢í𝑎!! 
D. David: Valoramos o teu esforzo e che estamos moi agradecidos 💞
🎶»Sacerdote: para que el mundo tenga vida, te mando a ti,
para que sepa de mi Amor, te elijo a ti»🎶

DSC_0433

Xa temos párroco

𝘕𝘦𝘴𝘵𝘦 𝘋𝘰𝘮𝘪𝘯𝘨𝘰 «𝘓𝘢𝘦𝘵𝘢𝘳𝘦», 𝘯𝘦𝘴𝘵𝘦 𝘥𝘰𝘮𝘪𝘯𝘨𝘰 𝘥𝘦 𝘓𝘦𝘥𝘪𝘤𝘪𝘢, 𝘳𝘦𝘤𝘪𝘣𝘪𝘮𝘰𝘴 ó 𝘯𝘰𝘷𝘰 𝘱á𝘳𝘳𝘰𝘤𝘰 𝘥𝘦 𝘚𝘢𝘯 𝘟𝘶𝘳𝘹𝘰:

«Es un gusto anunciaros que ya soy Párroco de San Xurxo…. Si estoy aquí, es por vuestro empeño… Gracias por seguir manteniendo la Parroquia a pesar de todo el tiempo que estuvisteis solos… disculpadme en nombre de todos los sacerdotes…»

Graciñas, 𝔻𝕒𝕧𝕚𝕕!!🤲 

Os tempos de Deus levaron o seu ritmo, pero chegaron!!👍💒 As solucións chegan para quenes saben agardar!! 💞

E graciñas ó𝕤 𝕗𝕚𝕖𝕚𝕤,🤲 tanto ós daquí coma os de outros lares, que seguistes acudindo á Parroquia!!

Por algo se di que sómo-la «mogor parroquia»

….dende Octubre sen curiña e… ninguén vos oíu queixarvos… Ahí estivestes 💪: cada Domingo e cada Festa e o cando fixo falta!! Sempre animando, apoiando, participando e sustentando… para seguir facendo Parroquia 💒💯

david