Neste Corpus do 2022
E así, un ano máis, celebramos o Día do Santísimo Sacramento na Parroquia…
O tempo xa nos estaba a dar avisos facía uns días… Deseguro que o Corpus iba ser pasado por auga… Don David dounos permiso para facer as alfombras florais dentro do Templo e, «a resistencia alfombrista» amañou o pasillo central cunhas alfombriñas xeitosas polas que pasou o Santísimo baixo Palio…
Graciñas a Manola por facernos ese arranxo tan riquiño do Altar… graciñas ó Coro por amenizarnos a Celebración… graciñas a D. David por facernos reflexionar na Adoración… graciñas ós fieis que viviron o momento de maneira tan respetuosa… graciñas ós voluntarios para levar o palio… pero sobretodo, graciñas a toda esa xentiña que consegue que as tradicións se manteñan na nosa Parroquia!!
Sómo-lo mogor do mogor!!
Publicado el 19 junio, 2022 en Cosas de nuestra parroquia y etiquetado en Corpus, cosas de nuestra parroquia. Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.
Deja un comentario
Comments 0