Archivos diarios: 24 diciembre, 2021

Na Noiteboa e no Nadal

Como cada Nadal, desde Sanxurxo, felicitamos a tódo-los “Mogoreños”que estades por outros pobos e países… lembrándoos nestas datas ¡¡Porque non vos esquecemos!!
A todos os que andades por Perú, Argentina, México, Inglaterra, Gran Sol, Asturias, Mallorca, Alicante, Castellón, Villagarcía, Pontevedra, Marín, Seixo, Cela, Bueu, Placeres, Santiago, Mourentáns, Portas, Moaña, Cangas, Poio, Vigo, Mosteiro, Urdilde, As Neves, Ourense, Huelva, Cádiz, Fuerteventura, Coruña, Madrid, Córdoba, País Vasco… e outros tantos que non sabemos… pero tamén ós que nos seguides, xa que sodes Mogoreños de corazón:
¡¡¡Que o Deus feito Neno nos faga sentir “lo mogor de lo Mogor”!!!

niño...

Con esta imaxe do Neno que bicamos todos os anos na nosa Parroquia, enviamos ao mundo enteiro os nosos desexos de Paz e de un Amor grande, xeneroso e inimaxinable que nos axude nas dificultades cotiáns. ¡Bo Nadal para todos!