Archivos Mensuales: noviembre 2020

Comezamos o Adviento

Co Adviento comezamos un novo Ano Litúrxico: desta vez o que lle chamamos «do Ciclo B», porque os Evanxeos que nos leerán nas Misas serán os que escribiron os apóstolos Marcos e Xoán….

Có ánimo de que as cousas da pandemia melloren pero coa ilusión de sempre, @s cates estiveron preparando as cousiñas para o Noso Advento: a Coroa, as reflexións cos debuxos de Fano, os manteis, as flores…

E Don Antonio fixo a bendición da Coroa e fíxose o prendido da primeira vela �

Este será o Guión que sigamos nestes  4 domingos de Advento: 27 días que faltan para celebrar que Xesús volve nacer para nós, para celebrar o Nadal…

Abre as tuas fiestras e portas e ventila: precisamos un novo aire para acoller a Xesús!!

Cando Cristo Rey é o 22

Fai 5 anos, o día de Cristo Rey tamén era o 22…

Lembrabamos que facía 20 anos tamén era 22 e nos xuntaramos para sacar unha Foto dos fieis da Parroquia…

👆 Pinchade en: 

Como hai 20 anos…

Entre unha e outra… moita diferencia, pero, este ano, todavía hai mais…

Aínda así, sacámola «para lembrarnos» a próxima vez… E, a pesares da máscara e de que non podamos recoñecernos tan ben, o millor é poder seguir xuntándonos e celebrando este Día!!

Un ano con nós

E, con todo, xa pasou UN ANO que Don Antonio está de párroco con nós !!

Porque o agradecemento, se non se di, non sirve a ninguén e, porque se adatou á nosa Parroquia coma se levara facendoo toda a sua vida, hoxe era un bó día para decirlle todo o que o queremos con un aloumiño para él tamén…

¡¡Graciñas por acompañarnos este ano!!