Archivos diarios: 30 octubre, 2020

Seguir pregando polos Defuntos

San Alfonso María de Ligorio decía que: «pregar polos defuntos é a maior obra de Caridade»… e «cando axudamos ó próximo no material, compartimos bens efímeros, pero ó pregar por eles, facémolo con bens eternos»… decía o Santo Cura de Ars… 

Aínda que pedimos por eles durante o ano, na Igrexa hai unhas datas adicadas ós Defuntos: O día de Tódo-los Santos, no que ímos ó Cemiterio facerlles unha Visita especial e, o día dos Fieis Defuntos, no que pregamos polos que aínda non chegaron ó Ceo, no «Acto Maior»…

Ante a situación extraordinaria deste 2020, o Papa danos facilidades para conseguir indulxencias polos nosos defuntos: durante todo este mes de Novembro, calquera día, ademáis de ir á tumba do noso defunto e pregar por él, deberiamos confesar e comulgar e, logo, no Templo (ou dende cada casa) pregar un Nosopai e un Credo, pedindo polas intencións do Papa…

Cómo xa sabedes, este ano está sendo algo especial e, para estes primeiros días de Novembro, a Consellería de Sanidade acaba de anunciar NOVAS RESTRICCIÓNS que nos afectan no tempo de ir ó noso Cemiterio:

Como cristiáns que somos, debemos coidar dos demáis e de nós mesmos!! ⬅️😷➡️🧽✋🚫👥👥👥🚫⏳3️⃣0️⃣⏳