Outro ano en San Blás
Xa nos anunciaba D. Antonio, onte, os horarios das misas no San Blas… e, alá fomos para cumprir unha costume de anos… Moitos de Mogor nos atopamos alí: uns foron a andar e outros no coche para oir a Misiña… moitos compramos roscas, sacamos a foto, charlamos con coñecidos e escoitamos ós Chaneiros…
Don Antonio e D. Manuel concelebraron a Misa Solemne e, a pesares de ser día de traballo, foron moitos os que quedamos fora por non coller na Capela, buscando a sombra dun sol que parecía de verán…
Un ventiño que se levantou ó saír a Procesión, levou os foguetes e a música dos Chaneiros cara o Norte… ata o ano que ven, que volvan, si Deus quere.
E tamén na Radio Galega:
(pincha na foto)
Publicado el 3 febrero, 2020 en Cosas de nuestra parroquia y etiquetado en Especiales, Fiestas, Santos. Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.
Deja un comentario
Comments 0