De excursión

 

E moi cediño, e moitiiiísima calor, collemos o bus para Carral, para pasear un chisco polas súas ruas e tomarnos algo… Logo, fomos para Arteixo, onde xa nos agardaba D.Andrés, emocionado coa nosa visita: él e D. José fixeron a misa, nunha amplia e moderna igrexa…

Ó rematar, Andrés doulle dous agasallos «atrasados» polos 50 anos en Mogor, a Maruja e a Donjo…

Fomos comer ó Balneario e, para facer a dixestión, tivemos guía turístico para ver a cidade e os arredores…

Rematamos o día en Caión, pedindolle cousiñas á Virxe dos Miragres e sacándonos unha foto xuntos…

(Fotos de Ana)

 

Nota posterior dos administradores:

Vaia por diante o noso Agradecemento á páxina da «Pastoral de Santiago» porque nos mencionara nun artigo hai uns días…

Xa non dicimos antes pero, dende o 2010 que inauguramos este Blog, https://sanjorgedemogor.wordpress.com/loquevamoshaciendo/ , a primeira vez que nos mencionan, sinalan como «extraordinario» o feito de facer un día de excursión…

Na nosa Parroquia, dende SEMPRE, tivemos iniciativas e as levamos a cabo…

Moitas, participativas e importantes foron as cousas que se fixeron e se fan aquí: grupos de acción católica, rogativas e procesións, dous coros parroquiais, representacións teatrais e meditacións, acollida dos primeiros seminaristas da Diócesis, excursións, alfombras florais, periódicos parroquiais, formación para catequistas, 1ª vixilia da Inmaculada e outras convivencias, exposición de fotos antiguas, colectas para arreglos e limpeza semanal do Templo, catequese parroquial ata facer a Confirmación, grupos de catequese de adultos e de Sínodo…. 

Moitas, moitas e boas reunións… 

É tirar pedras ó noso tellado, pero non podemos evitar sentirnos un pouco tristes, ademáis, por non poñer o enlace do noso Blog e non ter contrastada a noticia…

Este é o artigo na «Pastoral Santiago»: http://www.pastoralsantiago.org/la-parroquia-de-mogor-en-arteixo/

Publicado el 5 agosto, 2018 en Cosas de nuestra parroquia y etiquetado en , . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Deja un comentario