Mensaxe de Andrés G.V.

Velaquí tedes unha cita en castelán de G. Lohfink ( biblista católico de
recoñecido prestixio)  comentando o relato da Ascensión que hoxe lemos
como primeira lectura:
 «El tema de Hch 1, 6-11 (la ascensión) es el problema de la parusía. Lucas
intenta decir a sus lectores: el hecho de que Jesús haya resucitado no
significa que la historia haya llegado a su fin y que la venida de Jesús
en gloria sea inminente. Por el contrario, la pascua significa
exactamente que Dios crea un espacio y un tiempo para que la Iglesia se
desarrolle, partiendo de Jerusalén, Judea y Samaría, hasta los confines
de la tierra. Por eso es erróneo quedarse ahí parado y mirar para el
cielo. Sólo quien dé testimonio de Jesús ha entendido correctamente la
pascua. Jesús vendrá. ¿Cuándo? Eso es asunto reservado a Dios. La tarea
de los discípulos está en constituirse ahora en el mundo en cuanto
Iglesia» 

Se cadra, se compuxese Lucas a escenificación da exaltación do Cristo
resucitado para lectores de hoxe, cambiaría a frase que coloca nos
labios dos anxos:” Galileos, que facedes aí estantíos mirando o ceo?”
Poida que nos preguntasen: homes mulleres de hoxe: que facedes aí tan
atafegados ollando soamente a terra?  Non me gustaría ser inxusto cos
meus contemporáneos (e polo tanto comigo mesmo) pero o Señor resucitado,
“sentado á dereita do Pai” como príncipe e herdeiro do seu reinado,
reclama unha mirada atenta ao ceo. Pregúntasme:  Como “mirar o ceo”?
Mirar o ceo é dedicar tempo a facer silencio; a mirar o corazón e coidar
nel os sentimentos de compaixón e tenrura, de empatía e complicidade
cos nosos máis próximos e cos máis distantes; ensaiar e constatar outros
modos de achegarnos uns aos outros e de acoller a quen sexa…
El desapareceu da ollada que non sabe mirar o ceo, pero está no centro da
meniña dos ollos cando pola palabra e polo amor damos testemuño del,
tamén nas redes sociais, co perfil de cristián, seguidores e amigos do
crucificado resucitado.

Insisto nalgúns enlaces.

http://www.youtube.com/watch?v=Dnv2glucP6I

Reitero a invitación á Asemblea do Apostolado Segrar aos diocesanos de
Santiago, sábado día 11. Anotádevos canto antes, por favor, Non é unha
asemblea para os mozos (tamén, claro), senón unha asemblea de laicos
que comparten a reflexión, este ano, sobre a relixiosidade dos mozos.

Necesito saber non soamente cantos ides comer, senón cantas fotocopias facer e cartafoles preparar.

  1. Dia Ap. Segrar. Programa
  2. Inscrición Dia Ap. Segrar

O meu agarimoso saúdo.

Andres GV

Publicado el 4 junio, 2011 en Diocesanas, Información y etiquetado en . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: