Xa está aquí o Advento

Xa está aquí o advento coa súa mensaxe sempre actual.

Teño pensado moitas veces que Advento en realidade é todo o tempo da vida aquí, entre o ”xa e aínda non”, entre o don da vida xa recibido, pero aínda precario e limitado esperando (con esperanza) a plenitude e realización definitiva. Unha vida recibida xa coma unha doazón de amor e unha vida que será plena como realización do amor.

Vivir o advento é situarnos no sentido da vida: cremos, esperamos, amamos. Os tres verbos por si mesmos son incompletos, requiren o seu complemento, porque, se non,  fican na indefinición. Cres algo(que ten nome) e cres nalguén ( as persoas teñen nome); esperas algo (nome) ou a alguén (nomes), amas a alguén (nomes) ou algo (nomes).  Podemos poñer a  palabra Deus, por exemplo,  despois dos tres verbos  e iso, como sabemos por experiencia, non nos converte en ilusos idealistas, que “cren nos paxariños empreñados”, senón que creer en Deus, esperar nel e amalo devólvenos á fidelidade á nosa historia persoal  e á limitación temporal  na que estamos instalados. os que andamos coa palabra Deus nos labios e no corazón sabemos que iso significa unha contribución específica ao noso mundo: Das espadas forxarán arados, e das lanzas, podadeiras./ Non erguerá a espada nación contra nación, non se adestrarán para a guerra.

Non viviremos na frivolidade, como aconsella Paulo, viviremos coa alegría de saber que todos nos diriximos cara á casa do Señor, e  faremos o noso camiño coa actitude do dono da casa que sabe a que hora vai chegar o  ladrón  e está á espreita…

Así, é necesario estar atentos, vixiantes, para que non se nos vaia o tempo sen ter fe na vida e nas persoas, sen construír con esperanza unha sociedade xusta e acolledora  e sen ter no corazón o nome e o rostro das persoas que amamos e que nos fan saír de nós mesmos. . E grazas a Deus por elas, tamén.

Ben, xa vos soltei o meu sermón, así que ata a semana que vén.
Bicos e apertas

Andres GV

Publicado el 26 noviembre, 2010 en Documentos, Liturgia, Presentaciones y etiquetado en , . Guarda el enlace permanente. Deja un comentario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: