Archivos Mensuales: enero 2012
¿Vindes a San Blas?
Como cada 3 de Febreiro, pola festividade de “San Blas”, este ano, parece que non teremos na Capela , a popular romería que, dende hai moitos anos, xuntou a tantos fieis, que querían cumprir coa costume de darse os tradicionais croques na cabeza, pasar pola gorxa a pequena figura do santo, ou medirse cunha fina candea…
É unha noticia que nos da moita pena, porque, en Sanxurxo, “dende sempre”, celebramos o San Blas coma se fora parte da nosa Parroquia: facendo comida e xuntándose a familia…
Antes, íase andar ”a San Blas có cú patrás”…pero, dende hai un par de décadas, aínda que a tradición foi baixando, “os de sempre”, seguían indo “en coche”…
Cantas fotos e recordos coas roscas, con Xiraldo e cós Chaneiros!!
É de agradecer ós donos da Capela -a familia Soto-Quiroga-, que a compartiran cós devotos , durante todos estes anos… (¡¡¡Ver “Comentarios” más abajo!!!)
E agradecer tamén a Don Antonio que, para os que queiran seguir con esta devoción anque non sexa na Capela, faga as Misas na honra ó santo na Igrexa Parroquial de Seixo.
E vos : ¿Vindes ó San Blas?
Gracias por este Nadal!
Un ano máis, estes actores demostraron que xa son profesionais de verdade!!!!
Qué sorte temos en Sanxurxo!
Graciñas ás familias dos/das actores por achegálos ós ensaios…
Graciñas ós que nos fixeron biscoito para a merendola, ós que fixeron o nacemento e os paquetiños de chuches dos Reis, ós que nos trouxeron ás Súas Maxestades de Oriente á Parroquia pra que falaran cós nenos…
Graciñas a Donjo e a Manoliño, pola súa axuda nos efectos especiais…
E, ¡Cómo non!, Gracias Especiais a: Alex, Carmen, Irene, Abel, Yanira, Andrea, Gabriel, Félix, Carla, Alejandra, Noelia, Clara, Iria, Ángela, Laura e Marcela… por animarnos!!!!!!!!!!!



























